Ngghj

Páginas: 3 (541 palabras) Publicado: 6 de noviembre de 2012
Logo de intercalar a miña entrada, e lectura, anterior entre os dous libros de Domingo Villar, tócalle o turno a A praia dos afogados. Esta lectura non me ten defraudado nadiña e de certo que non foiun mal consello o que me deron cando me recomendaron que o lera.
Ainda que seguro que xa se ten lido a miña anterior entrada de Ollos de auga, fago unha breve sinopse dos personaxes, facendo unautoplaxio do que escribín xa:

Leo Caldas é un policía que recentemente deixou a súa relación emocional coa súa parella, á que bota de menos continuamente. Asemade, participa nun programa radiofónicono que tentan axudar ós cidadáns a resolve-los problemas cotiás e que poden requeri-la participación da policía, e do que, supón, apenas hai ouvintes mais, ó longo dos acontecementos, descubre querealmente é unha estrela radiofónica.

Rafael Estévez, maño, destinado en Vigo por mor do seu xeito de traballar coma policía, é un mangallón que non entende o xeito de ser e de falar dos galegos,pero que fita marabillado de que en Galicia, ó contrario do que pensa a xente, vai un calor e unha humidade que non esperaba. A todo iso, o vivir nunha cidade na que todo é costa arriba ou costa abaixo,segundo se estea abaixo ou arriba, faille que non pare de se laiar do clima do sur de Galicia.

En A praia dos afogados os nosos heroes tentan resolver o que semella ser un suicidio e que, por mordun pequeno detalle e a intuición do inspector Caldas, podería ser un asasinato encuberto. Asemade, Caldas, atópase cunha situación familiar que o mantén en vilo e faille dar moitas voltas á cabeza arespecto do pouco tempo que lle adica á súa vida persoal. O que de primeiras semella ser un caso máis dun mariñeiro afogado vaise converter nun caso dos máis complexos que tivo que resolver a nosaparella policial. Ós poucos vanse sucedendo as pesquisas que levan a percorrer diferentes localidades costeiras galegas: Vigo, Panxón, Neda,...

Mais o máis complexo do asunto é que cando se están a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS