Nietzche

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 7 (1621 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 7 de septiembre de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
Nietzsche viviu durante a segunda metade do século XIX. Período no que, coincidindo coa Segunda Revolución Industrial, se despregan o nacionalismo e o colonialismo europeos. Tamén avanzan o liberalismo burgués ou o movemento obreiro.Culturalmente, o período caracterízase por unha excepcional brillantez, sobre todo no ámbito da literatura (século da novelística europea), da pintura (realismo eimpresionismo), e da música (destacan Bizet e Wagner).Por último, é un momento de extraordinaria actividade científica, no que se desenvolven conceptos tan importantes como os de enerxía ou evolución. Tamén a filosofíaTamén a filosofía se despregará nunha multiplicidade de escolas: positivismo, utilitarismo, marxismo, irracionalismo, etc. Coñecedor de case todas elas, Nietzsche tenderá a desprezalas,considerándoas un expoñente máis do nihilismo contemporáneo. No movemento ilustrado do seculo XVIII tiveron unha grande importancia e transcendencia os valores propostos, como o progreso, no cal gobernaba a idea constante de perfeccionamento e mellora do home e a súa vida que levou a un movemento prometeico presente en moitos autores como na segunda metamorfose de Prometeo, tamén atopamos aeducación coma un valor no cal a confianza do home levou a priorizar unha educación para todos, na busca dun saber modo crítico, que empregue a razón como máxima ferramenta; a humanidade no que amosa un interese polo home e polo estudo da Natureza en beneficio do home, xa que o home é bo por natureza como dixo Rosseau, outro valor é a civilización que é o contexto social trala Revolución Francesa epropiciou un ambiente propenso á democracia, ao goberno participativo e a cultura-educación cívica, por último atopamos a natureza tralo deísmo da ilustración os filósofos entenderon como bo o salvaxe defendendo a bontade e harmonía do medio rural e que supuxo o nacemento dos grandes movementos ecoloxístas que atoparan o auxe no século XX como resposta ao progreso tecnolóxico dese século. Estesvalores e temas serán para os filósofos como Nietzsche impulsores dunha nova concepción do mundo baseada no home, así iniciaráse un período “positivista-ilustrado”. Así Nietzsche tomará elementos dos distintos filósofos, como de Voltaire que tomará o ideal da liberdade natural, de Holbach as críticas á relixión, e de Rousseau a bondade do natural e o cuestionamento da razón-progreso.
Neste periodoatopamos nas súas obras a figura do que agora é o home libre, onde critica os ideais da cultura occidental, e demostrando que ditos ideais poden ser explicados sen necesidade de acudir a supostos metafísicos ou relixiosos, ao descubrir o fondo bo de todo ó ideal, onde se ve como o home faise máis libre.

Nietzsche na súa filosofía oponse ao dualismo ontolóxico xa que é un fiel reflexo dodualismo platónico, no que se dicía que este mundo era sensible e imperfecto, e o outro mundo en cambio era suprasensible e perfecto. Segundo esta concepción a realidade queda escindida en dous ámbitos, unha suprasensible, estática e imperecedora, fronte a unha realidade cambiante, sensible e perecedeira, que é o produto residual, “ despreciable” da anterior. (liñas 4, 5 e 6). Fronte isto, Nietzsche tentres obxecións, a primeira é a infravaloración da realidade sensible debido a súa mutabilidade, mentres que a razón humana opera con categorías estáticas, pero en realidade de que a razón funcione con ditas categorías non demostra a imperfección nin a dependencia do mundo sensible, só a inadecuación da razón para coñecelo. (liña 4 e 5) O segundo é que o mundo suprasensible non é máis que unhailusión, unha ficción construída como negación do mundo sensible, que é a verdadeira e única realidade para nós (liña 5 e 6) e por último recorrer Nietzsche interpreta que recorrer a un mundo suprasensible é como unha reacción anti-vital, como unha negación da vida, como unha vinganza contra a natureza, é un produto de rexeitamento contra a vida (liña 6,7,8 e 9).

Nietzche acusa tamén a moral...
tracking img