Nietzsche

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 13 (3145 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 2 de diciembre de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
FILOSOFÍA CONTEMPORÁNEA |
NIETZSCHE.
|
2ºBach D |

27/04/2011
|

No marco histórico, e tras a derrota de Napoleón na batalla de Waterloo e as negociacións do congreso de Viena, Prusia foi a gran beneficiada, e iniciou unha época de gran desenvolvemento e prosperidade. Este auxe tivo a súa culminación, grazas ao chanceler Otto von Bismarck, na formación dunha nova Alemaña, e iniciandoo coñecido como II Reich alemán (II imperio). Mentres tanto, en Italia levaba a cabo unha reunificación de todo o reino a mans do rei Victor Manuel II, e un achegamento a Alemaña durante o reinado do seu fillo, Humberto I. Para rematar, Suíza viuse tamén afectada polas guerras napoleónicas, durante as que foi declarada como República Helvética, con todo, co congreso de Viena recuperou a súaneutralidade. Máis que en feitos históricos concretos, é importante fixarse na súa vida. Foi fillo e neto de pastores protestantes, o cal é curioso nun dos maiores críticos da relixión. Chegou a dicir que estaba orgulloso de pertencer a unha familia que se tomaba a relixión en serio. Foi un estudante brillante e en 1869conseguiu a cátedra de grego da Universidade de Basilea (Suíza) aos 25 anos, durantedez anos levou a cabo unha brillante e intensa vida académica. A súa saúde foi moi fráxil durante boa parte da súa vida; quizá a súa orixe era xenético, aínda que algúns autores atribúenllo á sífilis. Como queira que sexa, esta fraxilidade levoulle a ter que deixar a Universidade en 1879 e a tolear definitivamente en 1889. Acabou renunciando á cidadanía alemá e nacionalizouse suízo, algo taméncurioso, cando máis tarde o movemento nazi utilizouno como un dos seus ideólogos. Respecto disto, é importante citar a influencia que exerceu nel a súa irmá, Elisabeth, albacea da súa obra, a cal manipulou en parte polas súas tendencias nacionalsocialistas.
Desde un punto de vista cultural, é importante destacar o pesimismo típico do final do s. XIX. Este decadentismo característico da mentalidadefinisecular é evidente na literatura: Rimbaud, Verlaine, Oscar Wilde expresan esta sensación típica. Hai que citar a figura de Darwin e a importancia que tivo posteriormente o darwinismo social. Aínda que Nietzsche nunca admitiu isto.
Desde un punto de vista filosófico hai que sinalar que Nietzsche critica case toda a tradición filosófica occidental, salvo aos presocráticos, aos que en xeraladmiraba, sobre todo a Heráclito, quizá polo seu estilo aforístico ou pola súa alta consideración de si mesmo e a desconfianza da masa. Doutra banda, critica iradamente a Sócrates e a Platón, aos que consideraba os iniciadores dun erro que penetraría ata o último recuncho da cultura occidental. Xunto a estes dous autores, critica fortemente a tradición cristiá, que abrazou o platonismo e creou unsistema de valores miserable, segundo el. Tampouco escapan das súas críticas os filósofos alemáns, como Kant. Curiosamente, dous dos personaxes que tiveron máis influencia nel foron un filósofo pouco lido na súa época, Schopenhauer, e un músico, Wagner, co que tivo unha relación turbulenta que acabou en ruptura.

A principios do século XIX prodúcese o inicio do que se coñece como era da ciencia,debido ao auxe da creación científica do momento. Nesta época xorden varias teses filosóficas, como o positivismo, o utilitarismo ou o marxismo, todas elas cun aspecto común: a sospeita e a denuncia. Sospeita do sistema capitalista, sospeita da relixiosidade, sospeita dos bos sentimentos humanos ou sospeita dos valores occidentais son algunhas das dúbidas que se expón os filósofos desta época.

Anteeste ambiente, xurdiron algunhas teorías filosóficas que buscaban oporse ao positivismo e ao sistema hegeliano: o vitalismo e o historicismo. Ambas as correntes afirman que o artista está dotado dunha capacidade para entender a realidade da que carece o científico, e exclúen á razón como elemento necesario para explicar a natureza.

O pensamento nietzscheano estivo vivo ao longo de todo o...
tracking img