Orientación profesional

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 66 (16462 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 13 de noviembre de 2010
Leer documento completo
Vista previa del texto
INDICE
1.- INTRODUCCIÓN
2.- PERSPECTIVA TEÓRICA
2.1.- PERSPECTIVA HISTÓRICA DA ORIENTACIÓN VOCACIONAL
2.2.- FUNFAMENTACIÓN TEÓRICA: O programa centrado na educación para a carreira e o Modelo da Toma de Decisións de Krumboltz
3.- SUXEITOS DA ORIENTACIÓN
4.- OBXECTIVOS XERAIS
5.- BLOQUES DE CONTIDOS
5.1.-PROXECTO PROFESIONAL I
5.1.1.- Autocoñecemento da área persoal.Perfil persoal
5.1.2.-Autocoñecemento da área profesional.Perfil Profesional.
5. 2.- COÑECEMENTO DO ENTORNO – MERCADO DE TRABALLO.
5.2.1.-Mercado local.
5.2.2.- Tendencias do mercado de traballo.
5.2.3.- Coñecemento das profesións.
5.2.4.- Características que buscan empresarios.
6.- PROPOSTAS PARA OS FORMADORES QUE PREPARAN XOVES PARAINGRESAR NO MERCADO LABORAL.
7.- RECURSOS PARA A INSERCIÓN LABORAL.
7.1.- MODALIDADES DE TRABALLO
7.2.- FONTES DE EMPREGO
7.2.1.- Intermediarios do mercado laboral.
7.2.2.- Administracións Publicas.
7.2.3.-Medios de comunicación.
7.2.4.- Circulo persoal
7.2.5.-. Autocandidatura.
7.3.-FERRAMENTAS PARA A INSERCIÓN LABORAL.
8.- A TOMA DE DECISIÓNS.
9.- MODELO DE INTERVENCIÓN

10.- ACTIVIDADES PARA O PROXECTO PROFESIONAL.
11.- RECURSOS UTILIZADOS
12.- AVALIACIÓN
13.- PÁXINA WEB PARA A ORIENTACIÓN E INFORMACIÓN PROFESIONAL
14.- RECURSOS BIBLIOGRÁFICOS

1.- INTRODUCCION.

O PAPEL DOS PROGRAMAS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL
Un dos puntos clave do debate público a nivel europeoreside na cualificación dos traballadores nas competencias requiridas pola sociedade das oportunidades do novo milenio, evitando a exclusión social dos grupos marxinados. Algúns expertos en Orientación (Watts,1999;Repetto,1999) estiman que a clave para a nova sociedade europea das oportunidades estriba na preparación dos traballadores nas competencias profesionais a través da aplicación deprogramas de orientación e educación para a carreira ó longo da vida. Pero hai un período da vida que é fundamental para contribuír á supresión da exclusión social e á cualificación e xestión das carreiras: O período dos 12 ós 18 años, é dicir o da Educación Secundaria, por ser a etapa preparatoria e inicial dos más xoves á vida laboral.
Dende mediados dos anos 70 e 80 iniciouse o movemento daEducación para a Carreira, continúase na actualidade có impulso dado polos países occidentais á "transición para a vida activa ", ocupando os Programas de Orientación e de Educación para a Carreira, un lugar preferente nesa transición da escola ó traballo. Estes movementos foron e o seguen sendo, unha clave importante á hora de considerar e investigar nesta líxea da Orientación Profesional. Acontinuación realizaremos una referencia breve do acontecido en Estados Unidos, Canadá e la Unión Europea
En Estado Unidos, a chamada Acta das Oportunidades para a Escola-Traballo, de plena vixencia, recolle os requirimentos da orientación e a educación para a carreira. Recórdase que para autores como Hoyt a Educación para la Carreira consiste no esforzo comunitario dirixido a axudar ás persoas, xoves eadultos, a prepararse mellor para o traballo, adquirindo as destrezas de adaptabilidade que lle permitan cambiar ó ritmo ó que o fai a sociedade, de tal modo que, o traballo –remunerado ou non - sexa máis satisfactorio e significativo, dentro do seu estilo global de vida. Po elo, pretende acercar o mundo educativo ó laboral e capacitar ós alumnos nas habilidades requiridas para buscar, encontrar,manter e promocionarse no traballo. Na mesma líxea, a citada Acta anima ós Estados a deseñar e aplicar programas de aprendizaxe que interconecten a escola e o traballo e que proporcionen ós estudiantes os valores e as habilidades laborais dentro da súa formación. En definitiva, pretende capacitar ós estudiantes para que sexan máis competitivos nos seus campos de estudio, para que busquen...
tracking img