Os Dous De Sempre

Páginas: 7 (1730 palabras) Publicado: 11 de marzo de 2013
VALORACIÓN DA OBRA



Cando comezamos a ler o libro en clase, pensei que sería pesada a súa lectura, xa que está escrito en galego antigo, con palabras non normativas. Pero confundinme, aínda que o vocabulario é complicado é fácil de entender e os capítulos, ao seren breves, fan que a lectura sexa rápida e amena.

Gustoume a estructura do libro, que combina, por capítulos, a vida de Pedro eRañolas, e tamén chamoume a atención que cada capítulo empeza cun debuxo, que ten relación co que vai contar.

O que máis me gustou, sen dúbida, foi a amizade entre Pedro e Rañolas, que a pesar da súa distancia e do paso do tempo, seguiron sendo amigos.

A historia está perfectamente ambientada na época, está contada dunha forma moi entrañable e, eu, persoalmente, recomendo a súa lecturaporque descubriredes a vida dos nosos antepasados. Nela apréciase a nostalxia que sente Castelao ao escribila no exilio lonxe da súa terra.



VALORACION DA LECTURA



É a primeira vez que lin un libro xunto cos meus compañeiros, pero gústame moito. Hai veces que na casa, non vexo o momento de poñerme a ler, unhas teño que facer deberes, outras veo a televisión,…, e cando quero ler antes deirme a durmir, estou moi cansado.

Lendo en voz alta, un por un, poño máis atención, e cando regreso a miña casa, escribo un breve resumen de cada un dos capítulos, polo que me dou máis conta de que pasa no libro. Só encontro un problema, que cando hai algunha palabra que non entendo, e neste libro hai moitas, non paro a meu compañeiro na súa lectura, e non utilizo o diccionario ao momento, aíndaque o profesor da moitas aclaracións da lectura.

Pareceume moi divertido cando o profesor lee un capítulo, xa que entona moi ben a lectura, coas exclamacións, interrogacións,.... que aparecen. Gustoume moito tamén cando o profesor imitaba o acento arxentino.











VALORACION DOS PERSONAXES



Os personaxes principais son Rañolas e Pedro. Son moi amigos desde nenos peroteñen unha personalidade totalmente diferente.

Rañolas é de condición humilde, non coñece ao seu pai, a súa nai bebe moito, morreu sendo Rañolas moi novo e non ten boa saúde. É traballador, moi activo e pola súa intelixencia, valentía e idealismo supera todos os atrancos, buscándose a vida como pode. A súa personalidade gústame, e forte, enfróntase con moitos problemas ao longo da súa vida, peronon perde a oportunidade de seguir loitando por conseguir o que quere.

Pedro naceu nunha familia un pouco máis acomodada, ten moitos irmáns, a súa tía Ádega axúdalle moito. É moi lambón, moi preguiceiro e .non lle gusta traballar. A súa personalidade non me gusta demasiado, confórmase con moi pouco e non se esforza, aínda que cando emigra e se enfronta coa súa sogra, cambia o meu parecer, xa quese fai máis forte.

Outros personaxes son:

Tía Ádega é boa, axuda moito a súa familia, é cariñosa e está moi preocupada con Pedro, xa que quere que sexa un home traballador e que se poda gañar ben a vida. A súa personalidade gústame, aínda que nalgunhas ocasións é demasiado protectora co seu sobriño.

O cacique, Don Andrés, non é moi simpático, aínda que lle da traballo a Pedro.

DoñaFilomena, a sogra de Pedro, é moi mandona e goberna na casa. Pórtase mal co Pedro. Ten un carácter insoportable.



QUE MÚSICA PONDRÍAS PARA ACOMPAÑAR?


A música que podería acompañar esta lectura sería unha música popular e folclórica, típica do lugar onde se encontren os personaxes.

Por exemplo, nos capítulos que discorren en Galicia sería música popular galega, con sons de gaitas,pandeiros, palletas,.... Nos capítulos onde Rañolas está en Francia, concretamente en Lourdes, a música podería ser relixiosa e nos capítulos onde Pedro está en Arxentina, podería ser música de tango o bolero, con sons suaves.





RESUMEN POR CAPÍTULOS


Capitulo 1 – É un capítulo introductorio. Fai unha descrición da tía Ádega e da súa casa.

Capítulo 2 – Coñecemos a Farruco, o sobriño...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Os Dous De Sempre
  • os dous de sempre
  • OS DOUS DE SEMPRE
  • Os Dous De Sempre
  • Os Dous De Sempre
  • os dous de sempre
  • os dous de sempre
  • Os Dous De Sempre

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS