Paixase agraria do interior peninsular

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 3 (584 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 22 de febrero de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
Comprende ambas as dúas mesetas e a depresión do Ebro. O medio físico desta zona posúe un relevo chairo, de elevada altitude media na Meseta, e un clima mediterráneo continentalizado, con escaseza deprecipitacións estivais e acusados contrastes térmicos estacionais.
 A estrutura agraria caracterízase polos trazos seguintes:
A poboación agraria é moi escasa e envellecida, debido á forteemigración sufrida entre 1950 e 1975. O poboamento é concentrado en vilas, pequenas e próximas nos vales do Douro e do Ebro, e grandes e distanciadas entre si na metade sur peninsular.
 As explotacións sonde diverso tamaño. O minifundio predomina no val do Douro, aínda que se reduciu debido á emigración e á concentración parcelaria, e nos regadíos do Ebro. As grandes propiedades son características demoitos secaños casteláns, aragoneses e estremeños.
 Os usos do solo son agrícolas, gandeiros e forestais.
A agricultura presenta claras diferenzas entre as áreas de secaño e as de regadío.
O secañodomina nos páramos e campiñas da meseta e nas áreas non regadas do val do Ebro. Practica unha agricultura extensiva en campos abertos, protagonizada pola chamada "triloxía mediterránea": os cereais,a vide e a oliveira.
 No pasado, os cereais, principalmente trigo, rotaban con barbeito ou con leguminosas e levaban asociada unha gandería ovina que pastaba nas restrebas. Tamén se plantabancultivos leñosos, como a vide e a oliveira, e, en menor medida, amendoeiras e alfarrobeiras. Estes cultivos aparecían como monocultivo, asociados entre si, ou xunto a outros aproveitamentos.
 Naactualidade, o trigo foi substituido en gran parte pola cebada; e o barbeito completo substituíuse polo medio barbeito, que utiliza o xirasol como cultivo de descanso, ou desapareceu grazas ao uso defertilizantes químicos. Os cereais predominan en Castela e León, mentres en Castela-A Mancha, Aragón e Estremadura cobran máis importancia o oliveiral e o viñedo. Este último destaca na Rioxa e en Navarra,...
tracking img