Parlamento europeo

Páginas: 6 (1401 palabras) Publicado: 1 de mayo de 2011
I.- INTRODUCCIÓN
O Parlamento Europeo é o corpo parlamentario de elección directa da Unión Europea (U.E.), elixido cada cinco anos nas eleccións europeas. Xunto co Consello da Unión Europea forma a rama bicameral lexislativa das institucións da Unión. Sen embargo, os seus poderes están limitados ás competencias entregadas á Comunidade Europea polos estados membros, polo que a institución tenpouco control sobre as políticas sostidas polos estados; o seu control tampouco é pleno en dous dos tres piares da Unión Europea: os que se refiren á política exterior e a cooperación en asuntos de interior e de xustiza.

O Parlamento está integrado por 785 membros do Parlamento Europeo ou eurodeputados quen constitúen o segundo electorado democrático mais grande do mundo e contan co maiorelectorado democrático transnacional do mundo. É elixido cada cinco anos mediante sufraxio universal desde 1979. O Parlamento Europeo ten grandes poderes lexislativos pero non posúe iniciativa lexislativa como moitos parlamentos nacionais.

O Parlamento Europeo ten dous grandes lugares de reunión: O Immeuble Louise Weiss en Estrasburgo, Francia, lugar oficial e onde se realizan as sesións plenarias eo complexo máis pequeno, Espace Léopold/Leopoldwijk en Bruxelas, Bélxica, onde teñen lugar as sesións non plenarias e as reunións preparatorias e complementarias. O Secretariado do Parlamento Europeo, corpo administrativo do Parlamento, ten a súa sede en Luxemburgo.

O Presidente do Parlamento Europeo é actualmente Hans-Gert Pöttering, que foi elixido en xaneiro do 2007. Preside nunha cámaracos dous partidos máis grandes, o Partido Popular Europeo-Demócratas Europeos e o Partido Socialista Europeo.

II.- HISTORIA
O Parlamento non foi establecido co seu nome e na súa forma actual cando se reuniu por primeira vez o 10 de setembro de 1952. Comezou co nome de “Asemblea Común” da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro. Foi unha asemblea consultiva composta por 78 parlamentariosdesignados dos seus propios parlamentos nacionais.

- 1958: Robert Shuman convértese no primeiro presidente da asemblea parlamentaria europea.
- 1979: Celébranse as primeiras eleccións ao Parlamento Europeo por sufraxio universal directo.
- 1999: inaugurase o edificio da sede principal de Estrasburgo.

Entre o 10 e o 13 de xuño de 2004 elixíronse os membros da sexta lexislatura do ParlamentoEuropeo. Os votantes dos 25 estados que neses intres conformaban a Unión Europea puideron participar destas eleccións democráticas, que definiron a conformación do parlamento para o período 2004-2009. O 20 de xullo seguinte Josep Borrell foi elixido presidente do parlamento grazas a un acordo entre o Partido Popular Europeo e o Partido Socialista Europeo para compartir o control do Parlamento. Así, enxaneiro do 2007 Hans-Gert Pöttering foi elixido como presidente, cargo que desempeñará ata as eleccións do 2009.

III.- FUNCIONAMENTO E COMPETENCIAS
Desde 1979 e cada cinco anos os electores europeos teñen unha cita coas urnas para elixir aos seus eurodeputados, que actualmente representan a uns 455 millóns de habitantes. Non se agrupan en bloques nacionais, senón en sete grupos políticos. AUnión Europea respecta os criterios de representatividade activos e pasivos dos Estados membros. Por exemplo un cidadán francés menor de 25 anos non poderá ser elixido membro do Parlamento Europeo en Francia pero si en España, onde só cómpre ter 18 anos. Nalgúns países como Bélxica e Grecia é obrigatorio votar.

A cifra total de cadeiras parlamentarias é de 785, a partires da ampliación da U.E.no 2007. A representación de cada país dentro do Parlamento ten en conta factores demográficos con unha certa ponderación. No Parlamento Europeo hai comisións parlamentarias que tratan cuestións como os asuntos exteriores, presuposto, medio ambiente, etc.

Despois dos tratados de Maastricht e Ámsterdam pasou de ser asemblea consultiva a converterse nun órgano lexislativo con poderes...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El parlamento europeo
  • El Parlamento Europeo
  • parlamento europeo
  • Parlamento europeo
  • Parlamento Europeo
  • Parlamento Europeo
  • Parlamento Europeo
  • Parlamento Europeo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS