Pintura renacentista

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 5 (1139 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 11 de junio de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
A PINTURA DO RENACEMENTO
As raíces da pintura renacentista deben buscarse na arte de Giotto, o gran maestro do s.XIV. A pintura do Quattrocento (s.XV) diferenciase claramente da gótica. O retablo desaparece e con el a subordinación do tema a un conxunto; cada cadro é un mundo en sí, sen conexión cun ámbito exterior. Sen deixar de ter unha presenza constante o tema relixioso, trátase, confrecuencia coma tema profano. A paisaxe, a beleza idealizada dos desnudos, o volume das formas e o sentido espacial, son as dimensións cardinais da pintura renacentista, e cada unha delas supón unha longa loita polo seu domino.
No s.XV o debuxo é un elemento capital, que as veces traduce o talante do pintor, sereno ou nervioso. Do imperio da liña despréndense contornos nítidos, e a percepción nonpresenta ninguna dificultade. Esta prepotencia dibuxística deriva nunha apariencia plana das formas; a pintura é unha arte de duas dimensións e cada elemento o corrobora (unha silueta humana, unha árbore…)
A luz manéxase con crecente perfección, pero en xeral serve para resaltar os planos. En contraste coas formas planas, o pintor do s.XV está obsesinado pola captación da profundidade, o que seconsideraba a perspectiva coma a manifestación da beleza. A paisaxe cultivase con paixón, carece do detallismo minucioso o que a someten os primitivos de Flandes, pero serve, coas súas pradeiras primaverais para obter efectos de profundidade e encadrar as figuras. A composición do século XV é complicada; non é suficiente introducir diversas esceas nun só cadro, ou varias figuras principais.

MASACCIOMasaccio culminou o camino de achegamento a realidade iniciado pola gran figura do s.XIV, Giotto. Pero se aínda as personaxes do artista do Trecento lembran pedras labradas, os de Masaccio semellan xa de carne e oso.
Este compartiu unha visión renovadora da arte cos seus contemporáneos, o arquitecto Brunelleschi e o escultor Donatello; xuntos estableceron as bases da nova linguaxe renacentista.De Brunelleschi adquiriu o coñecemento da proporción matemática, crucial para o establecemento dos principios da perspectiva científica, e inspirouse nas súas realizacións para crear a escenografía arquitectónica das súas pinturas; de Donatello, os seus coñecementos da arte clásica, que o arredaron para sempre do estilo gótico. Masaccio antepúxolle á simplicidade, a unidade da composición e arepresentación do espazo tridimensional ós detalles e á decoración.
“A Trindade” é unha das primeiras pinturas en que se aplica, de forma científica, a perspectiva.
Tema: reprsentación da Santísima Trindade, a morte e a posterior descomposición nunha soa escea.
Este fresco debeu de caracterizarse polos seus contrastes cromáticos e luminosos. Masaccio harmoniza sabiamente os tons escuros e rosados,coma se aprecian nas vestimentas de Deus Pai e no intradorso da bóveda con casetóns. As cores vermellas e azuis están distribuídas en diagonal entre as personaxes bíblicas e os doadores.
A iconografía despregada na “Trindade” é pouco frecuente xa que reúne nunha soa escea as representacións da Santísima Trinidade, da norte e da posterior descomposición.
Este fresco é unha das primeiras pinturasque fan uso da perspectiva lineal: nela, tódalas liñas converxen nun punto de fuga, situado, nesta ocasión na parte inferior central do nivel sobre o que se erixe a cruz. A composición está realizada dende un punto de vista moi baixo, ó nivel visual do espectador.
O marco arquitectónico da composición está flanqueado por dúas grandes pilastras acanaladas, sobre os chapiteis corintios do cal seeleva un entablamento. As correspondentes pendentes están decoradas con dous tondos con roseta. A acción transcorre no interior dunha bóveda con casetóns, cun arco de medio punto que está sustentado por colomnas pegadas por chapiteis xónicos.

BOTTICELLI
A concepción da pintura de Botticelli é máis poética que científica ou matemática, os seus coñecementos das leis da perspectiva non alcanzaron...
tracking img