Plan de convivencia

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 5 (1206 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 21 de mayo de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
INTRODUCIÓN

A convivencia en ámbito escolar debe ser tarefa na que estean implicados todos os sectores da súa comunidade educativa e constituír un eixo vertebral sobre o que dar resposta á complexidade que supón o traballo docente directo con alumnos novos que aínda non adquiriron suficientes hábitos de convivencia, de respecto mutuo e de participación, responsable na vida do Centro.

Polascaracterísticas socio-culturais, especialmente desfavorables, de determinados grupos de alumnos, faise necesario extremar todas as medidas preventivas que reduzan as situacións de conflito e de deterioración do clima convivencial, especialmente aquelas en as que puidesen rexistrarse actos de acoso e intimidación entre alumnos.

Resulta imprescindible a colaboración estreita de todos os sectoresque compón a Comunidade Educativa, o desenvolvemento de actividades que favorezan a mellora do clima de convivencia escolar e o seguimento tutorial e docente continuo que advirta e axude a previr as condutas que alteren o clima de convivencia escolar.

Nos centros docentes debe existir un ambiente de traballo positivo, unha contorna que favoreza a transmisión de coñecementos e valores. Ás vecesprodúcense condutas que son contrarias ás normas de convivencia e que dificultas este labor, como:
Os actos de indisciplina, incorrección ou desconsideración cara ao profesor ou outros membros da comunidade educativa.
As condutas que poidan impedir ou dificultar aos seus compañeiros o exercicio do dereito e o cumprimento do deber do estudo.
Os actos que perturban o desenvolvemento normal dasactividades do centro.
As faltas inxustificadas de puntualidade ou de asistencia a clase.
A negativa sistemática a acudir a clase co material necesario ou a esforzarse por realizar as actividades de aprendizaxe indicadas polo profesor ou a trasladar aos seus pais ou titores a información facilitada no centro.
Causar danos ás instalacións do Centro, material deste ou dos membros da ComunidadeEducativa.
Deteriorar as condicións de hixiene do centro.
A incitación ou estímulo á comisión dunha falta contraria ás normas de convivencia.

As accións do plan de convivencia cando se producen as condutas nomeadas e outras que poden xurdir é:

Setembro:

· Difusión dereitos e deberes dos alumnos e normas de convivencia.
Obxectivo: Concienciar ao alumnado dos beneficios para todos dorespecto ás normas de convivencia.
Actividades: Difusión a todos os alumnos dentro do Plan de Acción Tutorial.
Metodoloxía: Explicación aos alumnos novos. Realización de actividades participativas nas tutorías.
Responsabilidade: Xefe de estudos e titores.

· Difusión normas de convivencia, impresos de corrección, protocolo de actuación profesores.
Obxectivo: Mellorar a organización e efectividadeda aplicación das normas de convivencia. Contar cunha ferramenta clara e solvente que proporcione tranquilidade e seguridade ao profesorado na aplicación das normas de convivencia e a resolución dos conflitos.
Actividades: Difusión entre o profesorado da documentación.
Responsabilidade: Dirección, Xefes de Estudos e Xefes de Departamento.

Todo o curso:

· Programas de habilidades sociais.Obxectivo: Mellorar as capacidades dos alumnos en canto á convivencia no Instituto cos seus compañeiros e co profesorado.
Actividades: Aplicación dos programas de habilidades sociais nas horas de tutoría de alumnos ou a través de cursos ofertados polo Concello facendo unha énfase especial nos apartados sobre o respecto e a transigencia cos demais.
Recursos: Programas educativos para a mellora dáshabilidades sociais:
A aprendizaxe estruturada de habilidades para adolescentes.
Avancemos: Mellora dás HHSS.
Programa de adestramento en competencia social.

· Plan de acción tutorial
Obxectivos: Axudar a un mellor coñecemento das propias capacidades, motivacións e intereses. Facilitar os recursos para que os alumnos poidan decidir o seu futuro. Facilitar a superación de hábitos...
tracking img