Ponte nas ondas!

Páginas: 5 (1049 palabras) Publicado: 19 de enero de 2012
Comunicación e Cidadanía (2008) 5

SANTIAGO VELOSO TRONCOSO

A experiencia de radio interescolar Ponte... nas ondas!
An experience of inter-school radio: Ponte... nas ondas!

Resumo: Unha breve reflexión sobre unha experiencia de comunicación nacida desde o voluntariado cunha perspectiva educativa e cultural. A experiencia de radio interescolar Ponte... nas ondas. Palabras-clave:voluntariado, comunicación, radio, cultura, education. Abstract: Some brief thoughts on a communication experience from the voluntary work with an educative and cultural point of view: the experience of inter-school radio Ponte... nas ondas. Keywords: volunteering; communication; radio, culture, education.

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! nace no ano 1995 a partir da realizacióndunha experiencia de comunicación “experimental” de radio entre un grupo de escolas e institutos do Sur de Galiza e do Norte de Portugal. O xérmolo desta actividade encóntrase nos obradoiros de radio escolar que alguns destes centros educativos realizaban e realizan aínda hoxe. Mais o “experimento” non só estaba en poñer en mans dos xoves a realización e produción radiofónica dunha xornada de máis de12 horas de programación en directo senón na “odisea” de enlazar polas ondas emisoras locais das dúas beiras do Miño e pór no aire unha programación en cadea alternando programas realizados dunha e outra banda. No ano 95, as limitacións técnicas das emisoras locais xunto coa inexperiencia dos xoves locutores só podía combaterse co entusiasmo do profesorado e das familias dos participantes queconstituíron a audiencia máis fiel da primeira xornada. Evidentemente, o resultado exitoso contaxiou a outros centros educativos e a outras emisoras de radio que foron progresivamente sumándose á “onda” expansiva da radioactividade nas beiras do Miño. Máis e máis centros foron estendendo o radio de acción a aumentando

2

Santiago Veloso Troncoso, A experiencia de radio interescolar...

taména complexidade da aventura que achegaba as voces e sutaques miñotos nunha única emisión a través de múltiples puntos do dial. No ano 98, para dar resposta á demanda de “cobertura” pola FM, a emisión de Ponte...nas ondas! é realizada a través de Internet e acádase así un novo fito na historia dunha experiencia local que chega por primeira vez a lugares como Cáceres, Braga ou Sarria. Abríase unhanova porta. A emisións a través de Internet e da FM seguiron a combinarse desde entón até a actualidade. Agás unha contribución dun equipo técnico profesional para a realización da emisión por Internet, o profesorado das escolas implicadas, sensibilizado coa actividade, ten realizado desde entón un profundo esforzo por ofrecer ao alumnado un medio de comunicación a súa medida, no que eles son osprotagonistas e os emisores das mensaxes. Voluntariado que non só levou a dinamización dos obradoiros de radio nos centros educativos senón que incorporou ás novas tecnoloxías á actividade.

COMPROMISO E CULTURA
A introdución da cultura como un factor de cohesión dunha proposta de comunicación entre a mocedade constitúe outro dos elementos que interveñen como determinantes na evolución daactividade.. En simúltáneo, o diálogo cos profesionais da radio e da comunicación en xeral, e a boa acollida da experiencia por parte deles, propiciou unha revalorización social da xornada radiofónica. O contexto político galego identificou a actividade con sectores do profesorado vinculados ao nacionalismo e por tanto a desconfiar da finalidade última do “experimento”. Nesta situación, non só non recibeningún tipo de axuda ou colaboración por parte das institucións nos primeiros anos senón que se intenta marxinar e torpedear por diversos medios a realización cada vez máis complexa dunha acción que aglutina a centos de profesores e miles de xoves. Vai ser o eco e a difusión que profesionais da radio, de fóra de Galiza, no cumio da súa popularidade lle van dar á iniciativa radiofónica o que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • ponte
  • Ponte
  • ponto
  • nasa
  • nase
  • la nasa
  • nasa
  • nasa

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS