Proxecto Xenoma Humano

Páginas: 7 (1632 palabras) Publicado: 25 de febrero de 2013
BIOTECNOLOXÍA: O PROXECTO XENOMA HUMANO (HGP)

Introdución
O Proxecto Xenoma Humano (HGP, polas súas siglas en inglés), é un programa destinado a coñecer a totalidade dos xenes contidos nos cromosomas humanos, que se desenvolveu entre 1990 e 2003. Gracias a el, púidose concluír que só o 5% do xenoma codifica para proteínas (32000-39000 xenes, aproximadamente), que aproximadamente o 50 % estáconstituído por secuencias repetidas e que todos os humanos compartimos o 99’99% . Entre as principais repercusións do HGP destacan a posibilidade de estudar a base xenética dun gran número de enfermidades hereditarias e de avanzar no coñecemento da evolución e do desenvolvemento embrionario.

Aspectos éticos e morais
É indubidable que o desenvolvemento do Proxecto Xenoma Humano supuxo un antes e undespois no mundo da bioloxía e a Medicina. Ninguén cuestiona as súas grandes vantaxes nestes ámbitos; gracias a el, entre outros moitos beneficios, a predición e o tratamento das enfermedades hereditarias están experimentando os avances máis notorios da súa historia, supoñendo unha esperanza para os futuros afectados por este tipo de doenzas. Con todo, como calquera innovación do ámbito dabiotecnoloxía, as súas aplicacións e as súas consecuencias sobre os individuos e a sociedade están sometidas a un candente debate bioético. Ó falar dun proxecto como o HGP, comparado mundialmente ó da conquista da Lúa polas súas grandes repercusións científicas e sociais, o primeiro que se nos vén á cabeza, desafortunadamente, son as especulacións sobre os posibles negocios que as empresas privadastentarán facer cos avances acadados. De feito, un dos principais puntos nos que se concentra o debate ético entorno ó HGP é precisamente o das chamadas “patentes de xenes”.

Por unha parte, as empresas privadas manifestaron a súa necesidade de obter unha serie de beneficios que compensen as inversións realizadas en materia de investigación e desenvolvemento de produtos farmacéuticos e terapias clínicas,de tal xeito que ninguén se aproveite dos seus esforzos e poidan seguir traballando. Por outra banda, os detractores das patentes opinan que a información contida nos xenes debería ser de dominio público e critican a súa patentabilidade, á que consideran un impedimento do desenvolvemento biotecnolóxico. Inevitablemente, no medio desta polémica xorde a gran pregunta: poden os xenes humanos serenpatentados? Para isto atopamos tres posicións diferentes: a da UNESCO, que considera o Xenoma Humano Patrimonio da Humanidade e, polo tanto, insusceptible de ser apropiado; a americana, representada polas grandes empresas privadas dos EEUU, que se amosa a favor das patentes de xenes xa que estes non son exclusivos dos humanos, pois compartímolos con outras especies; e a europea, que opina que sóson patentables os xenes aislados por procedementos técnicos, xa que os outros, os que non se atopan modificados na natureza, son Patrimonio da Humanidade e débense protexer. O único que parece claro ata o momento é a necesidade de delimitar un marco xurídico apropiado de tal xeito que se acade unha posición neutral que beneficie ós avances científicos e ás empresas nas súas expectativas económicas.Outro dos aspectos que máis controversia causa, sen dúbida algunha, é a posible discriminación dunha persoa polas súas características xenéticas (discriminación xenética). Os recentes avances derivados do HGP permitirán melloras considerables tanto no diagnóstico preventivo de enfermedades hereditarias como no seu tratamento, o que supón unha revolución no mundo da Medicina e unha salvación paramilleiros de persoas. Mais, ata que punto é realmente beneficioso este avance biotecnolóxico para a humanidade e a sociedade? O porque do plantexamento desta pregunta ten a súa resposta na historia recente dos EEUU. Na década dos 70, o goberno americano iniciou unha campaña de detección de persoas portadoras do xene da anemia falciforme, unha enfermidade hereditaria que non ten cura coñecida....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • PROXECTO XENOMA HUMANO
  • Proxectos
  • xenom
  • Proxecto Noria
  • proxecto
  • PROXECTO DO SISTEMA ECONÓMICO
  • Proxecto Lingüistico Infantil
  • PROXECTO PRÁCTICAS MONITOR TEMPO LIBRE

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS