Proyecto

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 15 (3638 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 27 de noviembre de 2010
Leer documento completo
Vista previa del texto
Título: XXI Acampadas Intermunicipais na Natureza

Introducción:
Néboa é a única entidade en Galicia que de xeito xenérico practica e da a coñecer o campismo de Fortuna.

Néboa comezou a súa práctica dun xeito educativo, establecendo un campismo na Natureza que fora diferente a todo o coñecido e practicado polos nenos.

Néboa entende a necesidade de contar con medios e recursosnecesarios para a súa realización por ejemplo a formación dos monitores.

O campismo de fortuna actual cimenta a súa base en tres puntos:
- A Natureza, a súa importancia e disfrute
- O home, o seu comportamento, valores ecologistas, educación no presente de valores sociais e naturais.
- Os soños e a súa realidade, dar forma práctica e máxica ó campismo de Fortuna actual.

Que debe aportarNéboa ó campismo

-A súa filosofía e método práctico
- Programas e actividades lúdico-formativas en consoancia co medio e os valores sociais.
- Persoal técnico axeitado ó contexto xeral do programa
- Motivación continua a todos os seus membros
- Non permitir conductas antiecologistas

Destinatarios e turnos

As XXI Acampadas Intermunicipais na Natureza de Vilarbó 2010 dividiranse en dousturnos.
- Campamento de Fortuna
Nº de plazas: 80
Edades: 12 a 17 anos
Datas: 7-19 de xullo

- Campamento de Aventura
Nº de plazas: 80
Edades: 6 a 11 anos
Datas: 19-26 de xullo

Fundamentación:

As acampadas intermunicipais naceron cunha finalidade moi definida, que consiste en dar a coñecer a Natureza, como expoñente de vida ó tempo que o neno/rapaz e a Natureza se integran, formandoambos unha simbiose especial de xeito natural e necesario.
A filosofía de Néboa ten presenza de xeito práctico o que facilita moito o desenvolvemento do campismo de Fortuna.

Pero a verdadeira finalidade é o xeito da vida ecologista e o seu desenvolvemento práctico, tendo en conta sobre todo os tempos actuais, así como fomentar entre os campistas esta cultura e actuación moito máis ecoloxistas.A finalidade tamén abarca todo un contido social, dando sempre prioridade a que o rapaz de poucos recursos poida participar no campamento de xeito normal e individual, facilitando para eso que as matrículas poidan ser asumidas polos seus pais sin que supoña para eles un esforzo económico.

Como vemos a nosa finalidade abarca varios aspetos necesarios en todo sistema de campismo de Fortuna, comoo mundo social, o ecoloxismo, pero todo iso baixo o patrocinio e responsabilidade da administración pública que é a quen lle compete a tutela de todo aquilo que teña unha intervención educativa tan concreta e social como son os campamentos na Natureza.

Resumindo, a nosa finalidade está ben definida e fundamentada, e real e por tanto é necesaria e moito máis dado a situación actual que estamosa vivir o conxunto da humanidade, que é o cambio climático, situación que está contemplada nos nosos obxectivos do campismo de Fortuna e Aventura, dando por feito que hoxe, é moi necesario loitar e explicar o que é o cambio climático porqué se produce e como o debemos combatir.

Finalidade

A fundamentación e a finalidade son comúns ó proxecto de todo campismo de Fortuna, é decir,complementanse a perfección, porque a finalidade nace dunha fundamentación obxectiva, donde a Natureza e o rapaz son básicos e esenciais.

O fin do campamento é dar a coñecer un xeito de vida que viaxa polo tempo transcurrido nunha vivencia práctica que hoxe, no presente, adquire formas reais, a través dun coñecemento e práctica dun campismo que facilita a integración e vivencias coa naturaza ó tempo quea practica e disfruta dun montón de actividades.

Un campismo que facilita de xeito concreto e preciso, que os obxectivos que se establezan se acaden de xeito real e educativo.

Obxectivos:

De partida os Campamentos de Fortuna e Aventura baseanse nuns principios filosóficos xerais que teñen como eixo ou centro de atención a Natureza, pero estos principios estarían totalmente difusos...
tracking img