Redes sociales

Páginas: 15 (3594 palabras) Publicado: 14 de febrero de 2010
 

MÓDULO 2. O TRABALLO EN REDE

Neste módulo, atoparás:

Unha análise dos diferentes niveis de xeneralidade ou concreción para o traballo en rede. En consecuencia, unha identificación dos diferentes tipos de redes e dos elementos que as diferencian doutro tipoloxía de organizacións.

Con este obxectivo, este módulo incorpora as seguintes epígrafes:

2.1 Que significa traballar en rede?2.2 As redes e a construción social de coñecementos. 2.3 Tipoloxía de redes 2.4 Estrutura de redes 2.5 Características desexables da estrutura de redes e diferenzas con outras organizacións 2.6 Indicadores para medir a calidade e o impacto das redes Bibliografía

1   

 

2.1 Que significa traballar en rede? Teremos en conta as reflexións feitas desde a Rede Alforja1. Oscar Jara Hollydayfia unha reflexión respecto dos distintos elementos a ter en conta para o traballo en rede: •

O traballo en rede é unha forma de facer as cousas, que supón ir “tecendo” relacións, aprendizaxes, complicidades, avanzando ata ter constituído un espazo común, aberto e diversificado, no que poidan ir sumando novas iniciativas, propostas e empeños.



O traballo en rede supón dar énfase aoproceso de construción do espazo de acción en común e non á estrutura organizativa, a cal é secundaria en función das necesidades. Non se trata pois de facer redes para “lanzalas” e “pescar” a outros e outras, senón convocar a participar no proceso de construción da rede.



É indispensable ter obxectivos ou metas estratéxicas comúns, que supoñan desafíos co esforzo conxunto. Obxectivos ou metasestratéxicas, significan resultados diferentes ao que temos respecto a unha determinada situación.



O factor dinamizador do traballo en rede está orientado polos obxectivos ou metas estratéxicas e non polo traballo en rede en si mesmo. Non ten sentido a rede cara dentro, senón en función do que se faga “en rede” cara fóra, a súa eficiencia e a súa eficacia. Por iso a forma e a intensidade quetome o traballo en rede dependerá de canto poidamos incidir en transformar a situación que nos serve de punto de partida cara o obxectivo formulado.  



Traballar en rede supón ter formas diversas de coordinación cooperativa: nas que cada quen aporta o que lle é máis propio e sobre o que máis sabe, a través de accións, proxectos e liñas de traballo concretas.                                                            
1  Rede centroamericana‐mexicana de educación popular 

2   

 



Traballar en rede supón, polo anterior, respectar e aproveitar as diversidades. Elas constitúen un factor de fortalecemento, na medida precisamente que se respecten e aproveiten e non se impoñan unhas particularidades sobre outras. Por iso, é importante o debate, a planificación e a fundamentación dos propósitos eaccións, así como a especialización de tarefas, para posibilitar a complementariedade de esforzos e capacidades.



Non debemos dar por suposto que -por principio- todas as persoas e todas as organizacións reunidas en torno ao propósito xeral estamos xa de acordo en todo. Hai que promover a explicitación de todas as ideas e visións para encontrar as confluencias que dan identidade ao traballoen rede. Pero tamén para coñecer e procesar as diverxencias. Poñer atención a estas, pois resolvelas pode ser unha gran fortaleza e ignoralas pode ser unha gran trampa. Os consensos baratos ou rápidos, son inimigos do traballo en rede. Co tempo, un disenso non procesado pódese converter nun factor que estoupa precisamente por terse mantido en tensión latente moito tempo.



Por outro lado,esforzarse en encontrar todos os puntos de converxencia posibles, incluíndo acordos mínimo baseados no criterio que ninguén ten toda a verdade nin todo o error e, polo tanto, debemos sempre poñer atención á parte na que estamos de acordo.



Impulsar unha dinámica e un espírito de aprendizaxe mutuo. Isto implica disposición a compartir o que cada quen sabe, pero...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Redes Sociales
  • Redes sociales
  • Red social
  • Redes sociales
  • Redes sociales
  • Redes sociales
  • Redes Sociales
  • Red Social

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS