Revolución Francesa

Páginas: 14 (3279 palabras) Publicado: 14 de enero de 2013
TEMA 3. CAMBIOS POLÍTICOS NA ORIXE DO MUNDO CONTEMPORÁNEO: A INDEPENDENCIA DE ESTADOS UNIDOS E A REVOLUCIÓN FRANCESA.



1. A REVOLUCIÓN IDEOLÓXICA: A ILUSTRACIÓN.

As novas ideas da Ilustración axudaron a socavar os fundamentos ideolóxicos do Antigo Réxime, afirmaron a conciencia revolucionaria da burguesía e marcáronlles o camiño ás revolucións liberais.

A Ilustración foiun movemento intelectual que se desenvolveu na Europa do século XVIII e cuxas ideas inspiraron a independencia de Estados Unidos e a Revolución francesa.

Os seus precedentes son dous pensadores ingleses: Isaac Newton e John Locke. O primeiro foi o grande introdutor do método científico, baseado na observación e posterior comprobación dos feitos; o segundo criticou abertamente o poderabsoluto e presentou a división de poderes.

Os ilustrados, fundamentalmente franceses, propugnaron unha fe absoluta na razón (intelixencia humana) como único medio para entender o mundo. Aínda que a meirande parte eran deístas, rexeitaban a superioridade de calquera relixión sobre as outras e condenaban a intolerancia. Voltaire proclamouse defensor da liberdade de conciencia. Crían que anatureza era unha fonte de xustiza e bondade e proclamaban que o ser humano nacía para ser feliz.

Propuxeron un novo modelo de organización política e social baseado nos principios da liberdade e da igualdade. Criticaron o absolutismo e configuraron as leis dunha nova doutrina política: o liberalismo. Montesquieu propugnou a división de poderes (lexislativo, executivo e xudicial) e puxo énfaseespecial na independencia do poder xudicial. Rousseau defendeu a necesidade dun contrato social entre gobernantes e gobernados, que garantise os dereitos básicos do individuo e formulou o principio de soberanía nacional, o poder emana do libre consentimento de todos os cidadáns expresado mediante o voto. Os ilustrados tamén se opuxeron á sociedade estamental e defenderon a mobilidade social, aigualdade de orixe e o mérito segundo a valía.

No terreo económico xurdiu a fisiocracia, como Quesnay, que se opuxeron ao mercantilismo e sentaron as bases do liberalismo económico. Defendían que a principal fonte de riqueza era a agricultura e non a acumulación de metais preciosos; opúñanse a toda regulamentación por parte do Estado, apoiaban a liberdade e a iniciativa individual.Estas ideas acharon terreo propicio nunha burguesía que vira medrar o seu poder económico ao longo do século XVIII, pero permanecía privada de igualdade xurídica.

A súa influencia acadou as cortes europeas, e algúns soberanos, sen renunciaren ao absolutismo, intentaron experiencias reformistas. Recibiu o nome de despotismo ilustrado. Como trazos comúns pódense citar o absolutismocentralizador, a racionalización da administración, o fomento da educación e a procura da modernización económica. Todos eles promoveron programas de desenvolvemento agrícola e industrial e facilitaron a liberdade de comercio. De todos os xeitos, eran experiencias limitadas. Non era posible aceptar só unha parte da Ilustración: non se podía manter intacta a sociedade estamental e o poder absoluto.2. A INDEPENDENCIA DE ESTADOS UNIDOS.

As trece colonias inglesas establecidas na costa leste de América do Norte desde o XVII, animados polas ideas de igualdade, liberdade e tolerancia que lles chegaban da Europa ilustrada, foron os protagonistas no século XVIII dunha insurrección colonial.

Os colonos americanos estaban descontentos, por: (1) non se lles permitía enviarrepresentación ao Parlamento inglés, (2) eran obrigados a pagar impostos e (3) lles impoñían un monopolio comercial sobre o seu territorio.

O detonante para a rebelión, que se iniciou en 1773, foi a decisión británica de lle outorgar o monopolio da venda de té a unha compañía inglesa. Os colonos de Boston guindaron varios cargamentos de té ao mar (Motín do Té). O rei Xorxe III enviou o...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Revolucion francesa
  • Revolucion francesa
  • Revolucion Francesa
  • Revolución Francesa
  • revolución francesa
  • Revolucion Francesa
  • la revolucion francesa
  • Revolución francesa

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS