rey artur

Páginas: 6 (1351 palabras) Publicado: 1 de diciembre de 2013

C.P.I. DE VEDRA DPTO. DIDÁCTICO DE LINGUA ESPAÑOLA E LITERATURA

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE A PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE 3º DE E.S.O.

MÍNIMOS PARA SUPERAR O CURSO DE 3º DA ESO

Redacción coherente e axustada á norma.
Vocabulario adaptado ao nivel léxico marcado polo libro de texto.
Utilización das diferentes variedades lingüísticas.
Adecuación da competencia comunicativa oral aonivel de 3º de ESO nas redaccións, análises de textos, actividades de creación...
Comprensión dos sentidos principal e secundarios dun texto.
Recoñecemento das categorías morfolóxicas e función sintácticas.
Clasificación de oracións.
Análise sintáctica da oración simple. Introdución á oración composta (Cláusula e cláusula complexa da Sintaxe Funcional).
Conceptos de lingüística xeral: signo ecaracterísticas, morfema, fala, fenómenos semánticos básicos...
Conceptos relacionados coa literatura: movementos, autores, obras...
Realización de todos os traballos propostos
Adquisición das capacidades e consecución dos obxectivos previstos para o curso.
Lectura de todos os libros sinalados.
Corrección ortográfica adecuada ao nivel.

-PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

A avaliaciónentendémola como un proceso que debe levarse a cabo de forma continua e personalizada. O seu obxectivo primordial será obter datos fiables sobre o proceso de aprendizaxe do alumnado, a intervención do profesorado neste proceso, as programacións didácticas e incluso o propio sistema educativo.
Os principios que deben a de avaliación son:
Resposta a un proceso continuo, progresivo e sistemático. Istoconséguese mediante a avaliación inicial ou diagnóstica, que determina os coñecementos previos do alumno para iniciar o proceso de aprendizaxe de maneira efectiva; a avaliación formativa ou procesual, que permite revisar a acción educativa mediante todo tipo de actividades e a avaliación final ou sumativa ao final dunha Unidade, unha avaliación ou un curso.
-Os datos obtidos neste proceso servirán non sópara controlar o rendemento do escolar e tomar decisións sobre a súa promoción ou titulación, senón tamén para reflexionar sobre o quefacer do profesor e a adecuación dos obxectivos e contidos programados.
Atende globalmente a todos os ámbitos da persoa e non só aos aspectos puramente cognitivos e, por tanto, permite formular unha atención personalizada, tanto no proceso de aprendizaxe como napropia avaliación.
Esta concepción da avaliación obriga a concretar os criterios de avaliación para establecer o tipo e grao de aprendizaxe que se agarda que alcancen os alumnos en relación coas capacidades indicadas nos obxectivos da materia.
A avaliación enténdese pois como un proceso que acompaña ao de ensino-aprendizaxe e que pretende medir todos os elementos implicados, así como responderás funcións diagnóstica e apreciativa dos resultados conseguidos e das vías seguidas para obtelos.
Os procedementos de avaliación deben ser consensuados co alumnado e conducirán á valoración dos diferentes aspectos implicados na aprendizaxe: adquisición dos contidos, aprendizaxe dos procedementos, valoración das actitudes, realización dos proxectos e actividades e regularidade no seguimento dapropia aprendizaxe.
Por tanto, o proceso de avaliación resultará da suma da avaliación da propia programación, da docencia, da aprendizaxe de cada alumno/a e do grupo. Será o resultado de valorar a adquisición dos obxectivos propostos para o curso por parte do profesorado, así como o proceso de aprendizaxe en si, a partir do seguimento diario, dos resultados das probas obxectivas, dos proxectosrealizados, da elaboración de exposicións orais e escritas e das fichas e exposicións e debates sobre os libros de lectura propostos.

- INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN PARA 1º/2º/3º E 4º DE E.S.O.

Como proceso continuo e significativo, enténdese a avaliación como observación continua da aprendizaxe, do traballo, do esforzo, da actitude e da consecución de obxectivos do alumnado ao longo de cada...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Rey Arturo
  • Rey arturo
  • El Rey Arturo
  • el rey arturo
  • El Rey Arturo.
  • Rey Arturo
  • Rey Arturo
  • El rey arturo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS