Sarela

Páginas: 5 (1137 palabras) Publicado: 28 de abril de 2011
O aniversario

10 de maio de 1998. Aquela era unha data especial. Facía xa 18 anos dende que nacera.Todo estaba preparado para a súa festa de aniversario, que celebraría cos seus amigos nunha das discotecas máis coñecidas da vila. O plan era alugala durante unhas cantas horas. Se ben era un pouco caro, os seus pais accederon porque dicían que non se cumpren 18 anos todos os días.
Por outrabanda, estaba seguro de que os seus amigos tiñan preparada algún tipo de sorpresa. Sempre facían cousas dese tipo nos aniversarios.
Ergueuse da cama ao tempo que se espreguizaba. Dirixiuse ao cuarto de baño e lavouse a cara para espertar completamente. Notou que acontecía algo estraño. Normalmente a esas horas os seus pais xa estaban levantados e tiñan preparado o almorzo. Pensándoo ben, sendo o díado seu aniversario era estraño que non llo houbesen levado á cama. Ao mellor, estaban argallando algunha sorpresa.
Esperou un pouco antes de baixares. Non quería estragar a sorpresa que estivesen a preparar os seus pais. Quedou tombado na cama mentres agardaba, pechou os ollos e intentou escoitar aos seus pais no piso inferior. Como era posible que non fixesen ruído?
Decidiu baixar paseniño asescaleiras. Chegou ata o vestíbulo pero non atopou a ninguén. Quizá marcharan da casa para mercar algo. Asomou a cabeza á cociña, que se atopaba tamén baleira.
Virouse e viu que a porta do comedor estaba pechada. Quizás estaban agochados alí. Os seus pais non acababan de entender que xa era maior para sorpresas dese tipo aínda que, por outra banda, facíalle ilusión. De pronto, viu algo que llechamou a atención. Un pequeno regueiro de cor vermella escorregaba pola baldosa. Parecía proceder do outro lado da porta.
Axel temíase o peor. Temeroso, abriu a porta do salón. Alí estaban os seus pais, si, pero non estaban a preparar ningunha sorpresa. Os seus corpos sen vida atopábanse sobre a alfombra. Un grito afogado saíu da gorxa de Axel. As bágoas caeron dos seus ollos sen poder evitalo.Non podía ser, tiña que ser un soño. Non había nada polo que alguén puidera querer matar aos seus pais. Asustado, correu a chamar á policía.
En apenas 5 minutos xa se presentaran na casa, aínda que a Axel parecéronlle unha eternidade. Abriulles a porta e os policías entraron rapidamente a comprobar a escena. Axel, aínda en shock, guiounos ata o salón. Tras unha pequena observación, un dos policíasdirixiuse cara Axel:
– Cremos firmemente que fuches ti quen os asasinou. Quedas detido.
—¿Que?¬– respondeu Axel sen poder saír do seu asombro.
Dirixiu a mirada cara o exterior da casa. Alí, divisou un furgón de cor negra custodiado por dous homes vestidos de forma semellante. Entón viuno claro: Aqueles homes non eran da policía. Intentábano incriminar no asasinato e levalo con eles.
Asustado,comezou a correr. Saíu da casa pola porta de atrás esperando que non houbese ningún outro daqueles homes.Tivo sorte. Non debían coñecer aquela saída da casa. Saltou a vala do xardín e seguiu correndo. Virou a cabeza e puido observar ao suposto policía correndo detrás de el.
Virou a esquerda na primeira rúa. Alí atopábase a casa do seu mellor amigo. Chamou ao timbre e abriulle o seu amigo. Senmediar palabra, entrou e pechou a porta. Correu ata a ventá do salón, dende a que puido comprobar aliviado como o seu perseguidor pasaba de largo, sen sospeitar sequera que estaba agochado alí. Aliviado, explicoulle o acontecido ao seu amigo.
Anxo non daba crido o que lle estaba a contar. Era todo tan de película que, de non ser pola seriedade e o pánico que reflectía o rostro de Axel pensaría quese trataba dunha broma do seu amigo. Tras meditar un rato sobre o tema, díxolle que o mellor era que fose a unha comisaría e avisase á policía de verdade. Axel accedeu. Tampouco había moitas máis cousas que puidese facer. Non sabía o porque aqueles homes ían na súa procura nin sabía de ninguén con que falar.
Ao caer a noite. Anxo e Axel saíron as agochadas da casa. Colleron as bicicletas que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Sarel
  • Trabajo sobre el río sarela

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS