Sdjsodjs

Páginas: 14 (3366 palabras) Publicado: 13 de enero de 2013
Winston Leonard Spencer-Churchill, nado no pazo de Blenheim, na comarca de Oxford, o 30 de novembro de 1874 e finado en Londres o 24 de xaneiro de 1965, foi un político e escritor británico, coñecido polo seu liderado no Reino Unido durante a Segunda Guerra Mundial. Así mesmo desempeñou labores de periodista, soldado e pintor, isto último no seu lecer. Foi gañador do Premio Nobel deLiteratura no ano 1953.
Descendente directo de John Churchill, primeiro duque de Malborough, título que herdaría o seu curmán, Churchill foi o maior de dous irmáns, fillos de Lord Randolph Churchill e Jeanette Jerome, filla dun multimillonario americano.
Winston Leonard Spencer-Churchill naceu o 30 de novembro de 1874 no pazo de Blenheim, preto de Woodstock, na comarca de Oxford, nomeado así por unha dasbatallas que gañou o seu máis célebre antepasado, John Churchill, primeiro duque deMarlborough. Seu pai, o político Lord Randolph Churchill, era o terceiro fillo do Sétimo Duque de Marlborough, e a súa nai, Lady Randolph Churchill, cuxo nome de solteira era Jeanette Jerome, era a filla do millonario americano Leonard Jerome.
A infancia de Churchill, como a de moitos xoves de clase altade Inglaterra daquela, estivo marcada pola separación dos seus pais, enviado interno a varios colexios e poucas veces visitado pola súa nai e polo seu pai, ós que botaba de menos. Churchill desenvolveu tamén unha estreita relación coa súa neneira, unha das poucas persoas que o chamaba Winnie, e lamentou moito a súa morte anos despois.
No ano 1893 uniuse á Real Escola Militar de Sandhurts, graduándose dous anosdespois sendo o oitavo da súa clase, e asumindo o posto de Segundo Tenente da carta unidade de cabalería húsar.
Os tempos de soldado

Churchill en 1895
Churchill foi destinado á India, onde participou en poucas operacións militares pero desenvolveu unha paixón polo deporte do Polo, aínda que mancándose no ombro, unha lesión que se lle repetiría a miúdo dende entón. Foi na India onde comezou aescribir, e a partir de 1895compaxinaría o seu posto militar co periodismo. En 1895 vai a Cuba como observador militar e como periodista do Saturday Review, acompañando ó exército de España nas operacións contra os independentistas. En 1898 acompaña, en condición de reporteiro, á 21ª unidade de lanceiros na Batalla de Omdurman, en Sudán.
Mentres tanto, comezaba a facer política, falando nalgúnsmítines dos ''torys'', e mesmo presentándose, perdendo, no distrito de Oldham.Arthur Balfour, líder do Partido Conservador por aquel entón, di de Churchill que "pensei que era un xove prometedor, pero parece que é un home de promesas". Trala derrota, Churchill é correspondente de guerra na segunda Guerra Anglo-Boer entre o Reino Unido e osAfrikaaners en Sudáfrica. É capturado polos Boer nunhaemboscado a un convoi británico, e protagoniza unha espectacular fuga dun campo de concentración de Pretoria, chegando a cruza-la fronteira con Mozambique e chegar ó porto de Lourenço Marques (agora chamadoMaputo). Esta fuga dálle fama no seu país de orixe.
[editar]Entrada en política
Tras adquirir gran sona pola súa fuga de Pretoria, Churchill da conferencias en Inglaterra e preséntase de novoen Oldham nas eleccións xerais de 1900; esta vez gañaría, dando comezo a unha carreira ministerial que duraría 62 anos, divididos en dous períodos, de 1900 a 1922e de 1924 a 1964. Nun primeiro lugar foi membro do Partido Conservador, pero en 1904 cambiaríase ó Partido Liberal tras diverxer da liña do seu partido en materia de proteccionismo e impostos.
Nas eleccións de 1906, Churchill preséntase e gañaen Manchester, e no goberno liberal de Henry Campbell-Bannerman é subsecretario de estado das colonias. Churchill pronto se converteu nun dos membros do goberno non ministros máis destacábeis, e cando Herbert Henry Asquith sucede a Campbell-Bannerman como Primeiro Ministro, Churchill é nomeado presidente de Cámara de Comercio e polo tanto entra no gabinete de goberno.
Non embargantes,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS