Selectividade

Páginas: 9 (2210 palabras) Publicado: 7 de octubre de 2012
O modelo de exame resultante manterase tamén durante este curso, tanto no relativo á súa estrutura
xeral como ao peso relativo das diferentes partes:
I. Competencia comunicativa 5 puntos
a) Comprensión textual 2 puntos (2 preguntas de 1 punto)
b) Produción textual 3 puntos (1 pregunta)
II. Contidos específicos da materia 5 puntos
c) Lingua e gramática 2 puntos (2 preguntas de 1 punto)
d)Sociolingüística 1 punto (1 pregunta)
e) Literatura 2 puntos (1 pregunta)
Consideracións relativas á parte de competencia comunicativa
A importancia outorgada á competencia comunicativa, na súa dupla dimensión de comprensión e
produción de textos, vén determinada polas propias directrices que establecen claramente como “obxectivo
fundamental” da materia “a adquisición e mellora da competenciacomunicativa, entendida esta como unha
competencia ampla que lle debe reportar ao alumnado a capacidade para usar a lingua (tanto no nivel produtivo
coma receptivo e interaccional) nas diversas esferas da actividade social e indiviudal”.
a) Comprensión textual (preguntas 1 e 2)
Formularanse dúas cuestións breves sobre algún aspecto de interpretación e análise do texto proposto,
na liña dasque a continuación se indican a modo de exemplo:
Resumo breve do texto ou dunha parte del.
Estrutura do texto.
Ideas principais e secundarias.
Intencionalidade do texto. O alumado deberá comprender o sentido real do texto, máis alá da súa literalidade,
percibindo recursos como, por exemplo, a ironía.
Opinión do autor sobre algún aspecto que se indique. Tamén aquí o alumnado deberá comprender osentido
real do texto, máis alá da súa literalidade, percibindo recursos como, por exemplo, a ironía.
Significado concreto no texto dalgunha palabra ou expresión.
b) Produción textual (pregunta 3)
Pediráselle ao alumnado que constrúa un texto persoal cunha extensión aproximada de 200-250 palabras
sobre un tema proposto, relacionado dalgún xeito co contido do texto do exame. Nesta preguntavalorarase a
capacidade para producir un texto que sexa informativo, coherente, ben estruturado e adecuado á situación
comunicativa. A cualificación da pregunta (3 puntos) desagregarase en tres tramos de 1 punto cada un, do
seguinte xeito:
1) Construción textual: 1 punto.
Valorarase:
A adecuada selección da información, coa presenza daquela que sexa pertinente e necesaria para que o textoresulte comprensible. Terase en conta a capacidade para evitar clixés, estereotipos, lugares comúns e ideas
excesivamente previsibles, así como unha orixinalidade gratuíta e afastada do contido do texto da proba.
A coherencia discursiva. A sucesión de enunciados do texto debe presentar continuidade temática e
progresión informativa. Non debe ademais introducir contradicións.
A organización dainformación: estruturación do texto (p. ex., introdución, desenvolvemento e conclusións),
argumentación e organización en parágrafos.
2) Adecuación léxico-gramatical: 1 punto
Valorarase:
A capacidade de construción de textos adecuados á situación (formal) en que estes se producen. Terase en
conta o manexo apropiado dos rexistros da lingua nas escollas lexicais e nas construcións gramaticais. Otexto
deberá evitar polo tanto trazos propios da oralidade e dos textos espontáneos e non planificados, así como
aqueles que amosen un requintamento afectado. En definitiva, valorarase o bo manexo dos recursos cohesivos,
tanto gramaticais coma léxicos.
3) Corrección ortográfica e gramatical: 1 punto.
Valorarase:
O correcto dominio da ortografía e os signos de puntuación, así como agramaticalidade das construcións
sintácticas e das escollas morfolóxicas, desde o punto de vista do galego estándar.
A elaboración de textos cunha extensión manifestamente menor á solicitada suporá unha diminución
proporcional da valoración global da pregunta.
Consideracións relativas á parte de contidos específicos da materia
c) Lingua e gramática (preguntas 4 e 5)
De igual maneira que en anos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • preparacion selectividade galego
  • Exame selectividade
  • Comentario Para Selectividade Galega, Aristóteles Texto 4
  • preguntas selectividade Economía Galicia
  • Recopilación Selectividade Galego
  • Comentario De Texto Opción A Selectividade Xuño 2012

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS