Show de truman como proposta didáctica

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 6 (1487 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 1 de diciembre de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA PARA O PROFESORADO

O SHOW DE TRUMAN (UNHA VIDA EN DIRECTO)

FICHA TÉCNICO-ARTÍSTICA

Título orixinal: The Truman show
Nacionalidade: EE.UU., 1998
Xénero: Sátira social
Duración: 102 minutos
Director: Peter WEIR
Guión: Andrew Niccol
Fotografía: Peter Biziou
Música: Philip Glass y Burkhart von Dallwitz
Reparto: Jim Carrey (Truman Burbank), Laura Linney(Meryl Burbank/Hannah Gill), Noah Emmmerich (Marlon), Natasha McElhone (Lauren Garland/Sylvia), Holland Taylor (señora Truman), Ed Harris (Christof).

SINOPSE ARGUMENTAL

Truman Burbank é un home corrente, co seu traballo, a súa esposa e unha vida aparentemente normal, pero un día comeza a sentirse observado. O certo é que empeza a enfiar detalles e momentos da súa vida e a dúbida non deixa decrecer: nunca saíu da vila (que está nunha illa), o seu pai desapareceu e unha moza que lle gustaba díxolle cousas estrañas que non puido esquecer. En realidade é o protagonista involuntario dun programa de televisión que retransmite a súa vida en directo 24 horas ao día. O pobo no que vive é un decorado e todos os que o rodean son actores. Cando descobre o entramado, xa con trinta anos,intentará fuxir pero deberá enfrontarse ao seu "creador".

PUNTOS DE INTERESE

• Hai que destacar que o guión do filme (editado en castelán por Praza e Janés) é do neozelandés Andrew Niccol, que debutara un ano antes como director con Gattaca.
• Neste caso a historia mestura uns personaxes que parecen sacados das películas de Frank Capra cunha historia de anticipación futurista e unha acedareflexión sobre os medios de comunicación de masas.
• O tema da falta de ética e de ausencia de límites no mundo do espectáculo mediático é tan evidente como, aparentemente, inevitable (pouco despois do éxito do filme empezaron a proliferar programas tipo "Gran Irmán").
• Neste caso hai unha diferenza esencial con eses programas (e con películas como EdTV): o protagonista é alleo aoengano, algo do que están ao corrente millóns de espectadores.
• Desa forma, Truman irá descubrindo por detrás dos espectadores (reais) do filme a farsa televisiva (aínda que, ironicamente, el inspirarase para tomar decisións na súa serie de TV favorita). O xogo realidade-ficción ten varios niveis.
• Truman é manipulado para manipular á súa vez millóns de espectadores. A película reflexionacomo ante o poder das imaxes millóns de persoas non se fan preguntas, só consomen (e a audiencia sempre dá a razón ao produtor).
• Para manexar ao inxenuo Truman, o seu "creador" Christof (que cre que o ama aínda que só o utiliza) chega á perversidade de crearlle un trauma asociado á morte do seu (falso) pai, unha fobia á auga que o manterá preso na illa sen coacción física. Hai aí outralectura, a actitude involuntariamente castrante de pais/profesores cara aos seus fill@s/alumn@s por querer o seu ben esquecendo a súa capacidade de elixir e decidir.
• O show de Truman é unha alegoría inquietante dunha sociedade post-moderna na que o poder dos medios produce algo máis que un estremecemento.
• O final peca, sen dúbida, dun exceso de optimismo: o home é capaz de romper esasbarreiras, visibles ou invisibles, que restrinxen a súa liberdade de elección. Será certo?

SUXERENCIAS DE APLICACIÓN

Niveis:

1º e 2º ciclo de ESO e Bacharelato

Orientacións:

Reflexionar sobre a manipulación dos valores nos medios de comunicación.
Debater sobre os límites éticos que deben manter os medios.
Fomentar hábitos de espectador crítico e selectivo.

O show de Truman

"Axente dime que lle preocupa que os seus fillos vexan tanta televisión, pero tamén recoñece que é unha forma de mantelos calados. A min preocúpame que a imaxinación deses nenos non poida desenvolverse. Un neno necesita estar aburrido para exercitar a súa imaxinación. Xogará entón con calquera cousa e construirá o seu propio mundo", (Peter Weir, 1998)

A historia

A película plasma a biografía...
tracking img