TEMA 1

Páginas: 3 (549 palabras) Publicado: 28 de octubre de 2015
A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA. CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVAS

A entrada do século XX non supuxo un cambio no panorama literario galego. Nos primeiros anos do novo séculocontinuaron as liñas que se iniciaran no Rexurdimento, con autores como Leiras Pulpeiro ou Lugrís Freire. Mais, nas primeiras décadas do século xorden dous movementos sociais e ideolóxicos -a ideoloxíaagrarista e as Irmandades da Fala- que favorecerán a superación dos esquemas da literatura decimonónica e a apertura aos movementos literarios da época.
Arredor das Irmandades da Fala aglutináronse osprincipais autores desta época: Gonzalo López Abente, Victoriano Taibo, Xerardo Álvarez Limeses, Xosé Crecente Vega,... sendo as dúas figuras máis importantes: Noriega Varela e Ramón Cabanillas. Ambosos dous supoñen unha ponte entre a literatura decimonónica e a das vangardas.
Noriega Varela foi autor dun único libro de poemas que sufriu un proceso de continua reelaboración. O título incial foiMontañesas(1904) e posteriormente titulouse Do ermo (1920). Na súa poesía poden distinguirse dúas liñas superpostas:
- poesía de carácter costumista e ruralista, moi influída polos poetas de finaisdo século XIX, caracterizada pola métrica popular, os motivos paisaxísticos ,os costumes, as tradicións e a ruda vida dos campesiños.
- poesía de carácter máis culto e refinado, cunha clara influenciados poetas clásicos latinos, do modernista Rubén Darío e dos poetas saudosistas portugueses. É unha poesía moito máis elaborada, con lingua e estrofas cultas, na que, sen abandonar os motivos dapaisaxe montañesa, convértese en poeta das “humildes cousas que ninguén olla” -a raiola do sol, as flores do toxo, as fontes, as pucharcas, un verme,...- cunha actitude de atracción polo humilde e polosseres máis desamparados.
Ramón Cabanillas sintetiza a tradición decimonónica do Rexurdimento e as diferentes contribucións dos movementos estéticos de finais do século XIX e comezos do XX. Por iso...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Tema 1
  • TEMA 1
  • Tema 1
  • tema 1
  • Tema 1
  • Tema 1
  • Tema 1
  • TEMA 1

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS