Temas de gallego para selectividad

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 56 (13945 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 15 de marzo de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
LINGUA GALEGA E LITERATURA: PREPARACIÓN PARA A SELECTIVIDADE. Temas.
VITORIA OGANDO VALCÁRCEL& ANXO GONZÁLEZ GUERRA www.ogalego.eu//ogalego@galicia.com I. SOCIOLINGÜÍSTICA

As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos. 2. Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións danorma. 3. Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización. 4. O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística. 5. O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística. 6. O galego a finais do século XX e comezos doXXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística
1.

II. LITERATURA

1.

A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas. 2. A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas. 3. A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo). 4. O teatro doprimeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós. 5. A poesía entre 1936 e 1976: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais. 6. A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas). 7. A Nova Narrativa galega. Características, autores e obras representativas. 8. O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupode Ribadavia. 9. A literatura do exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro. 10. A poesía de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes. 11. A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes. 12. O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes.

TEMA 1. SOCIOLINGÜÍSTICA.- As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
A función esencial dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os membros dunha comunidade e pode concretarse (ou non) noutras máis específicas: función deidentidade, familiar, laboral, local, institucional, cultural e internacional. Cando algunha delas é desempeñada por outra lingua falamos de lingua minorizada. A convivencia lingüística é a situación máis habitual dado que as aproximadamente 5000 linguas coñecidas repártense nuns 200 Estados existentes, mais raramente esta convivencia é pacífica: * Nuns casos o poder político e económico impón a súalingua oficial provocando a desaparición da lingua autóctona (o caso do latín en Gallaecia). É o que coñecemos como substitución lingüística. * Noutros casos as dúas linguas conviven, aínda que con usos distintos: unha convértese en hexemónica (tamén chamada lingua A, dominante ou lingua de cultura) e desenvolve as funcións socialmente relevantes (institucional, cultural, internacional) e a outraconvértese en lingua minorizada (tamén chamada lingua B, dominada ou idioma cuberto) e o seu uso fica progresivamente restrinxido a ámbitos orais, coloquiais, etc. Neste caso falamos de convivencia diglósica e prodúcese un conflito entre as dúas linguas. No caso da comunidade lingüística galega a convivencia diglósica vénse producindo desde o século XV. O conflito lingüístico non é máis que o reflexodas tensións sociolingüísticas que se producen entre as dúas linguas desde o momento en que a lingua dominada pretende recuperar os ámbitos dos que foi desposuída pola dominante. A resolución do conflito só pode ser a substitución lingüística da Lingua B pola Lingua A, ou a plena normalización lingüística, isto é, coa recuperación pola primeira dos ámbitos de uso que lle foron arrebatados pola...
tracking img