Teoria De La Poesia

Páginas: 8 (1780 palabras) Publicado: 13 de abril de 2011
1. Introdución

Ao falarmos de poesía debemos matizar en primeiro lugar a diferenza entre poesía e lírica, pois a lírica é só un tipo de poesía. De tódolos xeitos, na actualidade ámbolos dous termos son practicamente intercambiábeis.
Por outra banda este arquixénero presenta un importante problema: a ausencia de tradición clásica. Nin Platón ninAristóteles fan referencia á poesía, será no Renacemento cando Sebastian Minturno poña a poesía á mesma altura cá narrativa e o drama.
Ademais, na actualidade aínda non existe unha definición universal que sexa quen de englobar tódolos tipos de poesía de tódolos tempos. Xeralmente os tratadistas reduciron o concepto atribuíndolle só as características do que eles considerabanpoesía, pero nunca conseguiron unha definición capaz de abranguer todo tipo de poesía. Así, por exemplo, en 1948, W. KAYSER di que “ na interxección ai! está, por así dicilo, a raíz de todo o lírico”. É dicir, para este autor calquera exclamación é a forma máis primitiva da lírica. Esta proposta, moi seguida, é moi radical e imposíbel de aplicar, xa que non poderiamos definir as orixes da poesía lírica.Ademais, a exclamación humana tanto pode ser un berro coma unha expresión sofisticada feita coa consciencia de actuar sobre a realidade coas palabras.

2. Percorrido histórico

1. Manifestacións máis primitivas

As primeiras manifestacións literarias son poéticas e están intimamente vencelladas a rituais colectivos e/ou relixiosos. Así, civilizacións coma ababilonia ou a siria xa posuían unha lírica que máis tarde perfeccionarían os exipcios e hebreos.
As modalidades desta poesía están en relación coa vida comunitaria. Deste xeito atopamos cancións de traballo, himnos triunfais... que representan actitudes moi diferentes ( festiva, solemne...).
Nesta lírica máis primitiva destacan dous factores:
a) Carácteroral da interpretación e a transmisión, que leva consigo a creación de fórmulas fixas para a memorización e a posibilidade de que se produzan variacións. Os poetas adoitaban declamar dende un escenario acompañados pola lira e a actuación de danzaríns.
b) Consideración social do poeta, que tiña as funcións de máis prestixio dentro da comunidade: poderes sobrenaturais e proféticos. Despois o poetaacabaría por converterse no depositario da memoria colectiva ( bardo) encargado de fortalecer a identidade e os sentimentos do pobo ao que pertence xa que os pobos sen escritura necesitaban alguén que lembrase o pasado e o unise co presente.

2. Grecia

No século III os sabios alexandrinos elaboran un canon de nove poetas, de xeito que estes saen por primeira vez doanonimato. Neste momento as modalidades poéticas diferéncianse por:
a) O número de intérpretes:
❑ Un só intérprete: lírica monódica, na que destacan poetas coma Safo, Alceo, Anacreonte... Esta lírica era recitada en Grecia, pero en Roma líase.
❑ Varios intérpretes: lírica coral, na que destaca Píndaro.
b) Os temas tratados:
❑ Lírica elexíaca
❑Lírica iámbica

Nesta lírica case non hai subxectividade, as composicións adoitan ir dirixidas a alguén e ser de carácter público ( agás algunhas de Safo e Alceo). O poeta actúa sinxelamente coma un axente das Musas e está moi integrado na súa comunidade ( tanto na lírica arcaica coma na helenística).

3. Roma

En Roma, especialmente con Catulo[1], vaiaparecer xa a subxectividade na lírica que xa adiantaran Safo e Alceo. O paso da estrutura lineal á espiral fai que estes poemas que se concentran na interioridade do poeta e non nos problemas comunitarios estean concibidos para a escrita e non para a transmisión oral. Catulo denomina este tipo de poemas nugae ( parvadas), xa que aínda non é consciente do que fai e, ademais, vive nun...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La teoría oralista en la poesía épica española
  • Poesía "La Poesía
  • Poesia
  • Poesia
  • Poesia
  • Poesia
  • Poesia
  • Poesia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS