Textos galego aquisfala

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 8 (1944 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 24 de enero de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
16/1 – 20/1 Xoguetes pra un tempo perdido – Carlos Casares.
Nembargantes, sobes de novo, acendes e buscas algo novo que dicirlle, pero novamente regresas porque o muro do seu rostro evidencia unha seguridade impenetrable. Entón pensas que é mellor gardar silencio, renunciar a seguir loitando, aceptar os feitos consumados, erguerte, dicir adeus, saír á rúa e buscar debaixo dos aleiros dostellados o amparo contra a chuvia que está caendo no momento en que do reloxo da catedral baixan doce bateladas.

23/1 – 27/1 Ao pé do magnolio – Marina Mayoral.
A desesperación ao ver que botaches a perder a túa vida e que xa non hai posibilidade de dar marcha atrás, provoca unha dolor que case ninguén pode soportar. Por iso ninguén quere recoñecer os grandes erros, as grandes equivocacións.Por iso se obceca un en seguir polo mesmo camiño. Cando toda a vida criches en algo, algo que afecta a túa maneira de vivir e de dar sentido á vida, non podes cambiar. Non podes recoñecer que te equivocaches, porque iso, cando xa non hai tempo para rectificar, volveríate tolo, ou levaríate ao suicidio. Ou a deixarte morrer…

30/1 – 3/2 As razóns do galego: apelo á cidadanía – HenriqueMonteagudo.
A crise que estamos a vivir ten que ser aproveitada para adaptarnos, reformularnos e saírmos con máis forza cara ao futuro, ou teremos que resignarnos a pousar o idioma galego na cova que lle están cavando e rezarlle o responso funeral. O dilema é así de extremo. Debemos reafirmarnos na xusteza das nosas razóns, na intelixencia das nosas propostas e na nosa capacidade de interpelación epersuasión, confiando en que o país saiba enxergar o que realmente lle interesa e desbotar o camiño do suicidio como colectividade. Agora ou nunca.

6/2 – 10/2 Xeración perdida – Francisco Castro.
As cousas importantes da vida non as aprendemos nunca, e moito menos na escola. Se cadra, sabémolas á fin e sen dúbidas cando morremos, cando xa é tarde, cando todo é derrota e rematou o noso tempo.Daquela debe ser cando nos decatamos de que todo era simple, que a vida era un xogo sinxelo, que vivir é só amar a vida e que non hai que facerse preguntas nin procurar transcendencias a non ser que un desexe ser profundamente desgraciado.

13/2 – 17/2 Teoría do caos – Marilar Aleixandre.
Que breve é sempre o tempo do paraíso , como se atropelan na memoria os meses e semanas ata parecer menosdun día. Que grande é a ignorancia desde dentro cando un pensa que o paraíso se estende por todo o mundo, a través de todos os anos por vir. Cando descoñece que fóra dese pequeno recuncho espreita o desparaíso, cuartos baleiros do seu corpo, praias poboadas por multitudes insulsas…

20/2 – 24/2 Cantares gallegos – Rosalía de Castro.
¡Adiós groria! ¡Adiós contento!
¡Deixo a casa onde nacín,deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!      

Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...

27/2 – 2/3 Talvez melancolía – Xosé Carlos Caneiro.
A vida, esa maldita sucesión de infelices instantes que nos conducen á nada, á inmatúrica morte, á Nada. Nada. Levo a tristura pendurada do meu peito como unhamedalla que certifica o meu paso xubiloso por mil batallas. Mil que son a mesma. A mesma ausencia. Uns ollos que faltan. A vida, quero dicir.

5/3 – 9/3 Do sulco – Xohana Torres.
Alguén dixo: ‘’Non creas,
Negaron a nosa voz nos camiños.
Se algunha vez o día amencera de súpeto,
diante de cada día veñen feridas longas.
Este hoxe é para calar ou non sabelo’’
Pero eu non beberei na xerrado silenzo.
12/3 – 16/3 Lingua e futuro – (Mudarmos o imaxinario comunitario sobre o galego: un reto alcanzable?) – Valentina Formoso.
Os que sabemos que a imposición en Galicia foi do castelán, que os falantes de linguas minorizadas (igual cás mulleres, os pobres, a xente de cor negra,…) sufrimos a opresión; os que somos conscientes do poder dos medios de comunicación que están en contra...
tracking img