Un método para a liberación

Páginas: 10 (2494 palabras) Publicado: 14 de noviembre de 2010
ROSALÍA DE CASTRO: UN MÉTODO PARA A LIBERACIÓN

O esforzo para restaurar o pleno significado da literatura escrita por Rosalía de Castro dura xa varias décadas. E deu froito: ninguén pode descoñecer nesta altura, por exemplo, o carácter protofeminista da súa obra, nin a transcendencia que para a afirmación nacional tivo a denuncia rosaliana. Os últimos anos, especialmente os últimos dez anos,deron outro salto cualitativo. Novos achados documentais deitaron unha luz inédita á hora de comprender a biografía da autora; novas interpretacións parecen liquidar ao fin teimudos erros e redescobren a súa primeira gran achega poética -de aparencia, veremos, enganosamente inxel. Con todo, abonda dar un paseo pola rede se queremos comprobar que os prexuízos sobre Cantares gallegos (1863) e mesmosobre Follas novas (1880) asolagaron o imaxinario crítico coa mesma violencia conceptual con que se reproducen, agora á velocidade da Wikipedia, as visións negativas ou paternalistas acerca do noso país. Os dous preconceptos encaixan coma o zapato de cristal no pé da Cinsenta; nebulosidade da Razón, sentimentalismo romántico ou posromántico (chámanlle aínda a Rosalía romántica rezagada, que engalego traducimos “atrasada”), ruralismo inxenuo, etc., funcionan como epítetos aplicables a ela e a nós. Sen medo a establecer correspondencias caprichosas, unha lectura deficiente de Rosalía de Castro supón incapacidade, antes ca nada, para comprender a autora, pero di tamén sobre a disposición ideolóxica de quen le, e non unicamente acerca do que nos atinxe en particular (que a literatura galegacontemporánea e a lingua galega contemporánea se fundan no texto rosaliano). Outros puideron ser os camiños. O costumismo non o foi, nin a restauración melancólica da xenealoxía palaciega -esa tampouco sería a elección de Eduardo Pondal-; tampouco unha aventura solitaria que

sublimase en fragas de símbolos a turbulencia da sociedade. A elección de Rosalía condicionou moitos pasos posteriores, enon só na literatura. Moitos críticos e críticas manteñen a tese de que melloraría a recepción do texto rosaliano se este cumprise algunha das esixencias do canon ocidental. Non falamos só do especialista: certo lector común comparece lastrado -e non sempre con conciencia dese peso negativo- polo que prexulga nunha muller galega decimonónica que escribe na lingua dos pobres. Expresarse en inglésou en francés, publicar versos en galego sendo home ou polo menos parecéndoo, ocupar o alto escalafón social, incluso formar parte da arqueoloxía europea habitando unha literatura morta; calquera deses supostos de prestixio tería facilitado un recoñecemento global da escritora de Iria. Até o de agora repítese a equivocación de recoñecela polo que se presume que escribiu. No entanto, comprender ofondo da cuestión rosaliana obríganos a ser absolutamente modernos. Xa Ernesto Sábato, nunha entrevista que La Voz de Galicia publicara na contraportada hai máis de vinte anos, declaraba que Rosalía fora “inxustamente menospreciada polos cretinos”. Pero o certo é que nin sequera se librou dos seus admiradores. Desexamos pensar que confundida unhas veces polos datos incorrectos acerca de comotranscorrera a infancia da autora, outras veces por unha lectura superficial, a Academia hispánica da poesía ditou sentenza: Rosalía era unha marabillosa poeta rural, palabra que evoca desde o tempo dos gregos o oposto á cidade, ou sexa, arcaísmo formal, espontaneidade, inxenuidade e limitación técnica. Desde Juan Ramón Jiménez até Eugénio de Andrade exaltaron o “lirismo campesiño” rosaliano cando narealidade o que meditaba ao fondo era un programa estético e ideolóxico, como tentaremos mostrar, de profundas implicacións. A Historia da Literatura Galega de Ricardo Carballo Calero espallou a equivocación identificando a Rosalía como “unha aldeá máis” e cualificou Cantares gallegos de “poesía folclórica”. Parece fácil xulgar estas opinións a posteriori, cos novos descubrimentos biográficos na...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Organizacion para La liberacion de Palestina
  • Bosquejo Para Liberacion Del Ss
  • Organización para la Liberación de Palestina
  • Cuestiones entorno al método en la teología de la liberación
  • REQUISITOS PARA LIBERACION SERVICIO SOCIAL
  • Metodos para la obtencion del conocimiento
  • Metodos para transmitir el calor
  • Métodos Para Obtener Ph

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS