vangogh

Páginas: 5 (1077 palabras) Publicado: 18 de mayo de 2013
VAN GOGH (1853-1890)
Nace en Holanda. É fillo dun pastor protestante e vive unha xuventude difícil xa que non daba atopado a que dedicarse. Pasou un tempo en Inglaterra como vicario e, despois, estivo de predicador laico nunha zona mineira e moi pobre de Bélxica. Con vintesete anos chegou ao mundo da pintura logo de sentirse fracasado en todo o que emprendera. A súa aprendizaxe foi lenta esolitaria (lembrar que tiña unha personalidade difícil) aínda que sempre axudado polo seu irmán Theo.
Formouse na tradición da pintura holandesa de Rembrandt e Hals e do realismo social de Millet. Durante este período usou cores escuras para describir a miseria e a desesperación de mineiros e campesiños (ex. Os comedores de patacas).
Máis tarde, en 1886, trasladouse a París. Na capital francesao seu irmán Theo, marchante de arte, axudoulle economicamente e presentoulle aos impresionistas. Fíxose amigo de Toulouse-Lautrec e tamén simpatizou con Gauguin. En contacto cos impresionistas abandonou os temas sociais polas escenas parisinas e cambiou as cores escuras por outras vivas, puras, agresivas.
En 1888, canso de París, Van Gogh marchou ao sur de Francia, establecéndose en Arléspara traballar en soidade. Alí, fascinado coa luz e a paisaxe mediterránea viviu a súa etapa pictórica máis creativa pero tamén máis dura debido a agudas crises mentais. Una delas produciuse logo dunha pelexa con Gauguin, que estaba pasando un tempo con el. A partir deste acontecemento Van Gogh pasou temporadas en centros de saúde mental en Saint Remy e Auvers ata que en xullo de 1890 se suicidou dundisparo. Durante este tempo, a pesar da enfermidade, pintou moitas paisaxes, cadros de flores e autorretratos, de cores intensas, de formas serpenteantes, retortas, que traducían o seu desacougo interior e a súa visión da realidade.
A cor é para el un medio de expresión da anguria e das frecuentes depresións que padecía. A súa pincelada é moi característica: sinuosa, xestual, cursiva, espesa,expresión da súa axitación interior. As cores son, ás veces, agresivas en contrastes non usuais, por ex. marelo sobre laranxa. Pretende coa súa pintura expresar a intensidade dos sentimentos do home. Influíu moito no expresionismo e no fauvismo. Habitación do artista en Arlés, Os Xirasoles, Os lirios, A ponte levadiza, Igrexa de Auvers, Café nocturno, Noite estrelada.... son algunhas das súasobras máis representativas. Pode considerarse un precursor do Expresionismo, á vez que a enerxía coa que usa a cor anuncia o Fauvismo.










A habitación do artista en Arlés

Obra pintada por Van Gogh no ano 1889. Pertence ao movemento impresionista.
Van Gogh, cansado da vida de París e ansiando calor e tranquilidade, trasladouse en febreiro de 1888 a Arlés, no sur de Francia. Alídeixouse inspirar pola paisaxe e a luz do sur e, o mesmo que na súa época holandesa, pola vida no campo. Neste ambiente pintou a súa habitación na chamada “casa amarela” de Arlés, onde se instalara en setembro. O feito de ter unha casa para el dáballe seguridade e liberdade. Ademais abríalle a posibilidade de cumprir un soño, fundar unha comunidade de artistas.
O propio artista cóntalle ao seuirmán Theo como realizou esta pintura:

“Te envío un pequeño apunte para darte al menos una idea que toma el trabajo: Porque hoy me he vuelto a poner a la tarea. Tengo los ojos fatigados todavía; pero bueno, tenía una idea nueva en la cabeza y éste es el apunte. Esta vez es simplemente mi dormitorio; pero el color debe predominar aquí dando con su simplificación un estilo grandioso a las cosasy llegar a sugerir el reposo o el sueño en general. En fin, con la vista del cuadro debe descansar la cabeza, o más bien la imaginación. Las paredes son de un violeta pálido. El suelo es de baldosas rojas. La madera del lecho y las sillas son de un amarillo de mantequilla fresca; las sabanas y las almohadas limón verde muy claro. La colcha rojo escarlata, la ventana verde. La mesa del lavabo,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • cuarto de vangogh
  • Vicente VanGogh

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS