A adolescencia

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 3 (553 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 25 de diciembre de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
Cando se chega a unha determinada idade, todo fillo, ese anxiño que enchía de esperanza as vidas dos seus pais, parece haberse transformado nun estraño ser que personifica algunhas das actitudes quetanto detestamos. A súa aparición desconcértanos e a súa actitude resúltanos incomprensible.

Cando se reflexiona sobre isto, en abundantes ocasións prodúcense pensamentos tales como: “Por incribleque poida parecerme, "eu xa estiven alí", eu tamén fun un adolescente, seguramente incomprensible para os meus pais, e se fago un esforzo de memoria, podo atopar na miña propia historia detalles eactitudes comparables ás dos meus fillos”.
Será posible que a resposta ao noso desconcerto podamos atopala dentro de nós mesmos? É unha posibilidade perfectamente válida se sabemos buscar conatención.

Hai que empezar pola consideración dos fenómenos máis evidentes e máis xeneralizables. Refírome á puberdade, ao proceso de cambios físicos e fisiolóxicos que transformarán o corpo do neno encorpo adulto. A partir dunha certa idade, entre os once e catorce anos, inícianse unha serie de cambios físicos que, entre outras peculiaridades, diferencian de xeito evidente o corpo dos mozos e dasmozas. Así, ademais da aparición de vello en certas zonas do corpo e a aparición do apetito sexual xunto coa capacidade reprodutora, nas mozas prodúcese o desenvolvemento do peito e cadeiras, xunto coaaparición da regra; nos mozos ten lugar o ensanche das súas costas, desenvolvemento muscular, aparición da barba…etc

A adolescencia enténdese como o intervalo de tempo que transcorre na vida dunhapersoa entre a puberdade -maduración sexual e aparición de carácteres sexuais secundarios- e a plena incorporación na vida adulta.

O adolescente é quen ten que realizar algunhas adaptacións parachegar á integración no mundo adulto. Fundamentalmente, hai tres núcleos de adaptacións cuxa resolución indica o final da adolescencia e o logro do equilibrio persoal: a integración psicosocial, a...
tracking img