A arquitectura do simbolismo, a cabina

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 6 (1337 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 14 de febrero de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
A ARQUITECTURA DO SIMBOLISMO
Artigo 01 A Cabina, Santa Cruz de Ribadulla

Sen dúbida un dos elementos mais significativos, imperturbables co paso do tempo e coñecedor da historia da nosa parroquia é a Cabina Telefónica.

As Cabinas telefónicas naceron gracias a unha urxencia médica que tivo a esposa de William Gray.

A idea comezou a xerarse a partires da necesidade de este de chamar a unmédico para que visitase a súa muller pero non estaba abonado ó servicio telefónico e carecía de aparello no seu fogar. As continuas negativas dalgúns dos establecementos e almacens cercanos para poder efectuar unha chamada fixeronlle traballar na idea dos teléfonos públicos.

Nun principio a idea estaba basada en construir oficinas con un teléfono máis un operador, pero isto non funcionou porque os gastos superaban ós ingresos.

Tras varias probas, en 1889, instalouse en Hartford, Connecticut o primeiro teléfono público. O resultado foi tan satisfactorio que Gray fundou unha compañía e en apenas tres anos tiña instalados máis de 80000 teléfonos.

Nacín no ano 1977 e sempre recordo a existencia da Cabina telefónica de Santa Cruz. Naquel tempo de transición non tiñamos teléfonosfixos en tódolos fogares e moito menos aparellos portátiles, nembargantes ainda estaba recente a centraliña de “carrillo” nos 60, que se trasladou a de “odon” polo aumento dos abonados , e que foi fundamental para a comunicación dos nosos pais e avós.

Pero máis importante foi, se cabe, este elemento arquitectónico: a Cabina, individualizada, sen intermediarios, íntima, singular, testemuña deapaixoados romances, de importantes negocios, choros, risas, morriña…e que participou daqueles acontecementos que marcaron as nosas vidas en Santa Cruz.

Cabe subliñar a súa ubicación dentro da ordenación urbana da parroquia, un posicionamento privilexiado, “no meollo da cuestión”, o carón dunha encrucillada de camiños, servicios, e relacións socioeconómicas de toda índole, no punto neurálxico deSanta Cruz. Escolas, Médicos, Entidades financieiras, Supermercado, Farmacia Loterías, Restaurantes, Bares, Discotecas, Tren, Autobús…, aquí están concentrados gran parte dos servicios fundamentais da nosa vida cotiá, e a Cabina sábeo, por iso está ahí.

Pero todo este entorno non foi sempre igual, evolucionou co trascurso dos anos, vimos como se ancheaban carreteras, como se levantaban novasconstruccións, negocios, en definitiva un contexto cambiante en función do tempo, contemplado pola Cabina desde a súa tranquilidade.

A penas sufríu retoques estéticos salvo curas, con novos vidrios, froito das feridas do día a día e soubo adptarse mellor que nadie ó famoso cambio da peseta ó euro. Tampouco chorou, cando deixou de ser “funcionaria” para traballar nunha entidade privada froito doliberalismo económico.

Formalmente o seu deseño serviu de protección física máis a súa funcionalidade, de protección espiritual. Nunca deixou de estar operativa, sendo indispensable para a nosa comunicación e para aqueles forasterios que veñen coa temporalidade dun traballo, dunhas vacacións, dunha estancia.

A Cabina é máis que simple comunicación, é conversa. Convertidos hoxe, en autómatas dasnovas tecnoloxías, xa non programamos as nosas verbas. Todo aquel que meteu unha moeda e marcaba un número sabía de antemán o que iba a dicir e como se acomodaría no habitáculo en función do tempo condicionado pola “calderilla” do bolsillo.

Ainda non perdín o ábito de metelos dedos pola rendixa, a ver se quedou esquecido algún “cardenillo”, eso sí, tamén o feito de comprobar se hai liña, xaque iso quere dicir que todo vai ben.

A Cabina de xeito intrínsico forma parte das nosas vidas, está ahí, sempre, ainda que non lle prestemos atención, a pesar de que non nos preocupemos por ela.

Recordo con especial emoción os momentos de esplendor nos que podíamos observar as colas dos sábados e domingos por “colgarse ó teléfono”, ou cando a ocupación se multiplicaba por dúas ou tres...
tracking img