A esmorga

Páginas: 5 (1105 palabras) Publicado: 7 de enero de 2014
Traballo de
“A esmorga”













Tema
A historia desenvólvese nun xulgado, no que Cibrán, o protagonista desta historia, declara ante o xuíz. A súa declaración evoca a noite anterior, na que xunto aos seus amigos o Bocas e o Milhomes recorre a cidade de Auria, de esmorga, ata vérense implicados no asasinato dunha muller e desembocando na morte dos seus dous compañeiros.Argumento
O autor comeza o relato da obra informándonos de que o narrado é algo que sucedeu hai algún tempo na cidade de Auria onde naceu, e a información recolleuna buscando nalgúns papeis e falando con testemuñas do caso.
Cibrán é un picapedreiro, un acusado que declara ante un xuíz, centrando a súa declaración na tráxica historia del e dos seus compañeiros: o Bocas e o Milhomes, homes marxinaisda sociedade.
Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nun camiño, e convénceno para que vaia con eles de esmorga. Pasan o día enteiro (no que chovía abundantemente) polos baixos fondos de Auria, de borracheira, vagando por varios lugares e bebendo sen parar.
Ao saír dunha taberna deciden ir ao pazo dos Andrade, onde din que vive unha fermosísima muller quepouca xente ollou. Métense por un burato do xardín e vena dende lonxe nunha galería. Ao marchar, o Bocas comeza a cavilar, porque quedara namorado da fermosura da muller.
Despois de seguir vagando por Auria, o Milhomes ten a idea de ir a un pazo onde traballa un parente seu, quen lles invita a quedarse na bodega, onde seguen a beber. Por descoido préndenlle lume ao pazo e escapan de alí.
Comotiñan algo de cartos, decidiron ir a unha casa de alterne. Na primeira bótanos fóra, e unha das mulleres dille ao Cibrán que o Bocas deixou un home morto a noite antes nunha taberna. Teñen que escapar daquel lugar, e van a outra casa de alterne, onde son mellor recibidos, aínda que tamén os acaban botando.
Fan plans de saír de Auria en tren pola mañá cedo, e para facer tempo dan voltas polas rúas, enunha churrería o Milhomes rouba dúas botellas de augardente e continúan bebendo e vagando. Para que non os atopen, agóchanse nunha igrexa, e ao saír van ao mesón do Roxo, onde perden todos os cartos.
Deciden volver á casa dos Andrade, porque o Bocas ten a teima de estar coa muller que vira pola mañá. Entran dentro da casa, pero o Bocas e o Milhomes rouban unhas alfaias. Andan pola casa ataatopar a muller, que resultou ser unha boneca, e o Bocas enfurécese e afirma que quere estar cunha muller que non sexa unha prostituta.
Para satisfacer esa teima van ó vertedoiro de Auria, onde vive unha muller, Socorrito, que din que está tola, e o Bocas obrígaa a estar con el. Cando o Milhomes e Cibrán escoitan os berros da muller van onda eles. O Milhomes saca unha navalla, e fere a Cibrán candotrata de paralo. Crávalle tamén a navalla ao Bocas e o mata. O Milhomes escapa do lugar por unha lagoa xeada, pero o xeo rompe e desaparece afundido.
Ao rematar Cibrán o relato dos feitos, o xuíz ordénalle volver ao cuartel, pero desesperado, Cibrán crávase a navalla que servira como proba. Cibrán morreu tras declarar ante o xuíz, aínda que o narrador infórmanos que non se soubo claramente comomorreu.


Estrutura
A novela está estruturada nunha primeira parte chamada documentación (prefacio) e cinco capítulos.
A documentación é un curto relato a modo de introdución no que o autor describe como recolleu a información para recompilar todo o sucedido aquela noite.
Os cinco capítulos están divididos segundo os diferentes días da declaración do Cibrán ante un xuíz:
- No primeirocapítulo, que se corresponde co primeiro día da declaración, Cibrán expón ante o xuíz a súa versión do sucedido a noite dos feitos, como comezou a historia.
- No segundo capítulo, segundo día da declaración, Cibrán conta que lle prenderon lume ao pazo nun descoido.
- No terceiro capítulo ou no terceiro día, Cibrán continúa narrando as falcatruadas que fixeron, e vanse descubrindo novos feitos.
-...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Esmorga
  • A esmorga
  • A esmorga
  • A Esmorga
  • A Esmorga
  • A Esmorga
  • A ESMORGA
  • A esmorga(galego)

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS