A evolución das da

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 6 (1439 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 21 de marzo de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
A evolución do campo das Dificultades de Aprendizaxe

Manuel Miguéns Pérez

MANUEL MIGUÉNS P ÉREZ A EVOLUCIÓN DO CAMPO DAS DIFICULTADES DE APRENDIZAXE

A análise da evolución do campo das dificultades de aprendizaxe, ao longo da súa relativa curta historia, preséntanos un eido de estudo caracterizado actualmente pola súa vocación interdisciplinar, onde a medicina, a psicoloxía e aeducación participan de xeito diferenciado, mais cun semellante nivel de actividade, nos procesos de diagnose, explicación e elaboración de estratexias de cara á identificación e aplicación de solucións. Podemos identificar tres fases características neste proceso histórico de consolidación das dificultades de aprendizaxe como categoría oficial da educación especial: a fase de fundación, a fase deintegración e a fase de proxección cara o futuro. Na etapa de fundación, que comprende as investigacións e teorías elaboradas desde a medicina e a neurociencia durante o século XIX e a primeira metade do século XX, sentáronse as bases científicas que xustificaron o xurdimento deste novo campo da educación especial, a partires de investigacións que relacionaban a perda de certas habilidades específicas,tanto de linguaxe coma de comportamento, con alteracións do funcionamento cerebral. Sobre a instrución académica, déuselle nesta fase fundacional unha prioridade estratéxica ao adestramento en procesos psicolóxicos básicos, baseándose na idea de que era necesario que estes procesos estivesen intactos para que a execución e o desenvolvemento académico fosen axeitados. Cabe destacar neste período asaportacións realizadas respecto dos dificultades na linguaxe oral, encabezadas polas investigacións feitas por Gall sobre as relacións entre as lesións cerebrais e os trastornos da linguaxe, a quen lle seguiron Broca, Wernicke e Jackson cos seus correspondentes estudos en torno ás afasias. A estas investigacións seguíronlle outros os estudos relacionados coas dificultades na área de linguaxeescrita, onde destacaron as figuras de Hinshelwood e Orton, así como as aportacións relacionadas na área perceptivo-motora, con Goldstein e Strauss á cabeza e a quen lle seguiron os traballos de Kephart e Cruickshank. Foi precisamente a opinión de Cruickshank, respecto de que as causas eran menos importantes que as manifestacións condutuais, a que deu lugar a un xiro na interpretación do enfoque maisaxeitado respecto do tratamento deste tipo de disfuncións. A defensa desta versión, realizada por Kirk e Bateman, provocou o achegamento ao eido educativo, mediante o avance dunha definición das dificultades de aprendizaxe que marcaría o inicio da etapa de integración no ano 1963: “Un retraso, trastorno ou desenvolvemento lento nun ou máis procesos da fala, linguaxe, escritura, aritmética ou outrasmaterias escolares resultantes dun hándicap

2

MANUEL MIGUÉNS P ÉREZ A EVOLUCIÓN DO CAMPO DAS DIFICULTADES DE APRENDIZAXE

psicolóxico causado por unha posible disfunción cerebral e/ou trastornos emocionais ou condutuais. Non é o resultado de retraso mental, deprivación sensorial ou de factores culturais ou instrucionais.” Deste xeito, Kirk estaba a referirse a un extenso grupo de nenos enenas que non podían incluírse noutras categorías de desvantaxes, pero que necesitaban unha axuda específica para adquirir habilidades escolares, restrinxindo os criterios para a clasificación das dificultades de aprendizaxe a: discrepancia, especificidade e exclusión. Xorde pois, a partires desta momento, unha etapa de integración, comprendida entre 1963 e 1990 e caracterizada pola inclusión dasdificultades de aprendizaxe como categoría concreta dentro da educación especial. Durante este período proliferan as publicacións específicas sobre o campo, a creación de organizacións e asociacións profesionais e o desenvolvemento de disposicións legais coa fin de dotar economicamente servizos adaptados que deran resposta ás necesidades educativas especiais dos estudantes con dificultades de...
tracking img