A industria galega e o cambio climatico

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 10 (2307 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 5 de septiembre de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
A INDUSTRIA GALEGA E O CAMBIO CLIMÁTICO
Dende fai xa algúns anos, tanto o quentamento global en si mesmo como o cambio climático son algúns dos asuntos que, a nivel internacional, máis reunións e eventos producen. Un dos obxectivos principais destas reunións é a de analizar en profundidade cales son as máis destacadas causas do cambio climático, e cales son as actuacións que se poden levar acabo para poder previr moitos dos problemas que se derivan destes. Entre as causas do cambio climático están as causas naturais e as causas antropoxénicas.

Causas naturais do cambio climático: Existe un gran número de factores naturais responsables do cambio climático. Os máis importantes inclúen os movementos das Placas, os eventos volcánicos, as correntes oceánicas, os cometas, o Sol... A Terraforma parte de todo o que se encontra sobre ela e todo o que a compón, forma parte dela. Calquera anomalía nun punto do planeta, ten os seus efectos a nivel global. Pódense sentir de forma inmediata ou pode que tarden máis tempo en facer efecto, pero ao final, todos inflúen dun modo ou outro no clima. Movemento dos continentes. Pode parecer alleo ao clima, pero o movemento dos continentes taméninflúe no clima do planeta no que vivimos. Cando cambia o aspecto da terra, a súa posición, a súa forma... O vento, a chuvia, as correntes oceánicascambian. Actividade volcánica. Unha erupción volcánica emite millóns de toneladas de dióxido de sulfuro, vapor de auga e cinza á atmosfera. Todos estes materiais volcánicos non desaparecen por arte de maxia, senón que poden cambiar os patróns climáticosdurante anos. Os gases e cinza volcánica poden bloquear

parcialmente os raios do sol reducindo a temperatura nos niveis máis baixos da atmosfera e cambiando os patróns de circulación atmosférica. Correntes oceánicas. Os océanos compoñen unha gran parte do sistema climático. Cobren case un 71% da Terra e absorben arredor do dobre da radiación do sol. As correntes oceánicas moven grandescantidades de calor polo planeta a través de canles. Algunhas zonas do mundo encóntranse máis influenciadas polas correntes oceánicas que outras.

Actividade solar. Debido a que o sol é a maior fonte de enerxía da terra, calquera variación na frecuencia solar inflúe no noso clima. Os científicos observaron que o número de manchas solares sobre a superficie do sol, determinan as erupcións solares ecantas máis manchas solares, maior é a enerxía solar que emiten. Aínda que aínda non se estableceu unha relación directa entre os cambios na actividade solar e o cambio no noso clima, existen moitos datos que parecen corroborar esta teoría. Causas antropoxénicas Chámase influencia antropoxénica aqueles efectos producidos polas actividades humanas. O home é o último dos axentes climáticos deimportancia. A súa influencia comezou coa deforestación de bosques para convertelos en terras de cultivo e pastoreo, e chegou á emisión abundante de gases que producen un efecto invernadoiro: CO2 en fábricas e medios de transporte e metano en granxas de gandería intensiva e arrozais. Actualmente tanto as emisións de gases coma a deforestación incrementáronse ata tal nivel que parece difícil que se reduzan acurto e medio prazo, polas implicacións técnicas e económicas das actividades involucradas. Os cambios no clima derivados da actividade humana son debidos á intensificación do efecto invernadoiro natural, ao aumentar a concentración atmosférica dos gases radiactivamente activos e provocar o que se coñece como un forzamento radioactivo. Preto do 60% deste forzamento é debido ao CO2, en

tantoque o CH4 contribúe nun 15%, o N2O nun 5%, mentres que outros gases e partículas, como o ozono, os HFCs e PFCs, e o SF6, contribúen co 20% restante. É necesario coñecer tamén a importante relación que existe entre as emisións e a estabilización das súas concentracións e o longo período de tempo necesario para alterar, aínda que sexa lixeiramente, as tendencias. Así, centrando a análise no CO2, o...
tracking img