A teoría da aprendizaxe verbal significativa de d.p. ausubel

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 5 (1061 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 27 de enero de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
A Teoría da aprendizaxe verbal significativa de D.P. Ausubel

Juan Carlos Pardo Pérez e Alfonso García Tobío

Universidade de Santiago de Compostela

O concepto de “aprendizaxe significativa” acostuma a asociarse a David P. Ausubel, creador da “Teoría da Aprendizaxe Verbal Significativa”. Para este autor, prodúcese unha aprendizaxe significativa cando damos significado á nova información,poñéndoa en relación con coñecementos previos que están organizados na nosa estrutura cognitiva. Como resultado desta forma de aprender, a nova información queda incorporada á estrutura cognitiva de forma substantiva (o suxeito aprende a información mediante a atribución de significado) e de forma non arbitraria (os novos contidos informativos intégranse, de maneira organizada na estruturacognitiva do aprendiz).

En contraposición, na aprendizaxe memorística (véxase “aprendizaxe memorística”) os contidos informativos non se vinculan con coñecementos previos, non se integran nunha rede conceptual (estrutura cognitiva) que lles aporte significado e, polo tanto, teñen que aprenderse literalmente. Neste sentido, e desde o punto de vista de Ausubel, a aprendizaxe significativa ten, conrespecto á memorística, unha serie de vantaxes que convén non perder de vista. En primeiro lugar, a aprendizaxe significativa permite reter de forma máis duradeira a información, ó proporcionarlle unha ancoraxe na estrutura cognitiva do suxeito; en segundo lugar, supón cambios profundos na estrutura cognitiva; en terceiro lugar, permite lembrar un concepto esquecido, reconstruíndoo a partir do contextoen que foi adquirido; e, por último, o coñecemento organizado da estrutura cognitiva actúa como substrato que facilita novas aprendizaxes.

Para entender como ten lugar o proceso polo que se aprende significativamente, hai que dicir que para Ausubel o coñecemento que temos do mundo está organizado na estrutura cognitiva en forma de representacións, entre as que cabe destacar os “conceptos” e as“proposicións”. Os conceptos remiten a clases ou categorías de obxectos, acontecementos, situacións, etc. que comparten un conxunto de características comúns. A definición de “cadeira” como un obxecto que ten catro patas, un asento, un respaldo e serve para sentarse, sería un concepto. Polo xeral, cando definimos un concepto é necesario referirse a outro concepto. En relación ó exemplo citado, seríao caso se definimos “cadeira” coma un “moble”. Trátase agora dunha proposición porque estamos poñendo en relación dous conceptos. Conceptos e proposicións están organizados xerarquicamente, de aí que conformen unha estrutura vertical rexida polos principios de supraordinación (un concepto de maior nivel de xeneralidade –como “mamífero”- ocupa un lugar máis elevado na estruturación cognitiva) e desubordinación (un concepto de menor nivel de xeneralidade –como “can”- ocupa un lugar inferior na xerarquía conceptual); pero constitúen tamén unha estrutura horizontal, gobernada polo principio de coordinación, segundo o cal os conceptos vinculados teñen o mesmo nivel de xeneralidade, como sucede por exemplo cos conceptos de “mamífero”, “ave”, “peixe” “réptil”, etc. De todos os conceptos queforman  parte da estrutura cognitiva, Ausubel presta atención ós que el denomina “conceptos inclusores”, que son aqueles que teñen relación coa nova información e cos que, en consecuencia, o aprendiz ha de intentar establecer un vínculo para poder dar un significado ós novos contidos á luz do que sabía anteriormente.

A importancia da organización da estrutura cognitiva radica en  que, ó ser oinstrumento de asimilación (véxase) da nova información, a natureza da citada estrutura (a súa maior ou menor complexidade, a claridade e pertinencia das relacións conceptuais que nela se establecen, etc.), condiciona a atribución de significados que o aprendiz fai á nova información e, polo tanto, condiciona o nivel da aprendizaxe significativa adquirida. Como resultado de tal aprendizaxe, a nova...
tracking img