O Amor E A Literatura Galega
A primeira pregunta referíase a se o amor, entendido en xeral, estaba ou non entre os temas predominantes da súa producción escrita; pois ben, a resposta maioritaria é afirmativa, un 75%. Neste apartado cabería salientar que Anxo Angueira comenta que se non fose así non escribiría nada ou que "tal vez só se podeescribir desde o amor e para o amor" como apunta Henrique Rabuñal. Mesmo os escritores que non consideran este tema como preferente nos seus textos, admiten certa presencia neles, tal é o caso de Cándido Pazó ou Miguel Vázquez Freire.
Se os nosos escritores teñen interese, como tales escritores, pola temática amorosa, é de supoñer que tamén serán lectores máis ou menos habituais deste tipo de textos.Foi por iso que lles solicitamos que escollesen o seu libro amoroso favorito de narrativa, poesía e teatro dentro da nosa literatura. Cinco autores non responderon esta pregunta alegando uns que non son capaces de escolleren unha única obra, outro confesa non ser lector habitual de literatura "adulta" e tamén hai quen opina que na literatura galega aínda non existen obras suficientementeconsagradas como para citalas. Entre os que si contestaron algúns fixérono de xeito parcial, sobre todo no tocante ó teatro, posto que máis da metade non menciona ningunha obra; neste sentido, varios deles explícannos que non son lectores de obras dramáticas, aínda que si espectadores. Sobre este particular e á vista destes datos, cremos que o teatro necesita máis potenciación a todos os niveis eseguramente non estaría mal comezar polo ensino. Algo semellante ocorreu coa recomendación do libro de poesía, que tamén quedou incompleta, aínda que se compensou en certa maneira co feito de que os que responderon citaron con frecuencia máis dun título, polo que se revelan como ávidos lectores deste xénero e, nalgún caso, incluso en exclusiva. Quizás esto explique, xunto co feito de que boa parte dosautores son preferentemente poetas, que as recomendacións de títulos de poesía sexan (agás as cantigas medievais) máis recentes e variados ca en narrativa, onde se acode máis ós "clásicos". As obras máis citadas en narrativa foron Amor de Artur e O lapis do carpinteiro; en teatro Os vellos non deben de namorarse, Don Hamlet e A noite vai coma un río; finalmente, no campo da lírica destacan as cantigasmedievais e mais os poemas a Moraima de Onde o mundo se chama Celanova, Con pólvora e magnolias e Prometo a flor do loto, aínda que as propostas son moi pouco unánimes. A seguir mostrámosvos todos os resultados de xeito máis detallado:
TEATRO
OBRA
AUTOR/A
Nº VOTOS
Os vellos non deben de namorarse
Castelao
4
Don Hamlet
Cunqueiro
4
Anoite vai coma un río
Cunqueiro
4
Criaturas
Vidal Bolaño
1
Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado
Roberto Salgueiro
1
NARRATIVA
OBRA
AUTOR/A
Nº VOTOS
Amor de Artur
Méndez Ferrín
6
O lapis do carpinteiro
Manuel Rivas
6
¿Que me queres, amor?
Manuel Rivas
3
Pensa naoAnxo Angueira
2
Un millón de vacas
Manuel Rivas
2
A esmorga
Blanco Amor
1
Sabor a ti
Miguel Suárez Abel
1
Arraianos
Méndez Ferrín
1
Ábrelle a porta ó día
Darío Xohán Cabana
1
Crónica de Nós
Méndez Ferrín
1
O señorito da Reboraina
Otero Pedrayo
1
No ventre do silencio
Méndez...
Regístrate para leer el documento completo.