O horto ecolóxico como recurso didáctico

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 10 (2257 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 30 de enero de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
O HORTO ECOLÓXICO COMO RECURSO DIDÁCTICO

ÍNDICE

➢ DISTRIBUCIÓN E REALIZACIÓN DOS BANCAIS E CORREDORES.
- REALIZACIÓN DOS BANCAIS
- PREPARACIÓN DOS CORREDORES
➢ FERTILIZACIÓN.
- FABRICACIÓN DO COMPOST
- ABONOS VERDES
➢ SEMENTEIRA E TRANSPLANTE.
➢ PLANTACIÓNS
- VANTAXES DAS ASOCIACIÓNS FRENTE O MONOCULTIVO
-ASOCIACIÓNS CON AROMÁTICAS .
- ASOCIACIÓNS FAVORABLES ENTRE HORTALIZAS
➢ CONTROL DE PRAGAS E ENFERMIDADES
- ZURRO DE ESTRUGAS
- INFUSIÓN E EXTRACTO DE ALLO

➢ DICIONARIO AGRÍCOLA

DISTRIBUCIÓN E REALIZACIÓN DOS BANCAIS E CORREDORES

Aconsello facer o horto en bancais elevados (meseta) por varios motivos:
➢ Facilitar o traballo, podendo traballar desdeos corredores sen pisar a terra, o que mellorará posteriormente o laboreo desta.
➢ Ao ter terreos pesados, en épocas de chuvia ao estar elevado, facilítase a drenaxe deste, e así evitamos encharcamentos e infeccións fúnxicas.
➢ Mellor control de adventicias e dos cultivos.

REALIZACIÓN DOS BANCAIS

1. Marcamos con estacas e corda a distribución dos corredores e dosbancais. Como a finalidade do horto e máis educativa que produtiva, as dimensións serán:
- BANCAIS: 2,50 x 1,20 m2
- CORREDORES: 1 m de ancho.
De esta forma, os nenos teñen un espacio amplo para moverse polos corredores e poden chegar a tódalas partes do bancal sen pisalo.
2. Agora, sacaremos terra dos corredores para os bancais, atadarlle a estes unha altura aproximada de 15 cm.
3. Colocaremos taboleiros de encofrado a maneira de contención da terra dos bancais, suxeitándoos con estacas cravadas na terra de forma intercalada. Esténdese a terra da superficie cun angazo.
4. Os bancais que non se utilicen neste momento, cubrímolos cun material orgánico (palla, herba, follas, compost...) para evitar o nacementode adventicias, a erosión e, protexer a fauna do solo das inclemencias do tempo, xa que nos interesan solos vivos. Ao mesmo tempo, estamos alimentando o solo ao irse descompoñendo este material e mantemos a humidade e a estrutura do bancal.

PREPARACIÓN DOS CORREDORES

Os corredores cubrirémolos con malla de desherbado, para evitar que salgan adventicias. Nos laterais do corredor central,faremos dous regos estreitos para enterrar os bordes da malla. Iremos colocándoa paulatinamente polos dous lados para conseguir que quede ben estirada.
A malla dos corredores entre bancais colocámola cravada os taboleiros de encofrado, e chegando a primavera, pódese votar serraduras por riba da malla. Con esto preténdese controlar que as poboacións de caracois que poidan existir, teñan limitado oacceso as hortalizas.

FERTILIZACIÓN

Empregaremos exclusivamente abonos orgánicos, que se fabricarán na propia horta mesturando os materiais biodegradables que irían para o lixo (pelas das froitas, de pataca, cascas de ovo, restos de colleita...).
O compost faise fermentando estes materiais en presencia de osíxeno, e dicir, que o montón que fagamos ten que estar ben aireado. Por eso, de vez encando hai que voltealo. Esto é porque os microorganismos que van a realizar a fermentación necesitan do aire para vivir.
Se esto non o fixéramos así, o montón de compost “podrecería”, e estaríamos aumentando o risco de pragas e enfermidades cando o empregáramos coma abono.
Estamos a falar de Agricultura Ecolóxica, e polo tanto sabemos que a base é a prevención, polo que é moi importante aobservación dos procesos biolóxicos que se desenvolven no noso horto. Por eso cando falamos de fertilización, e importante considerar como vamos a facer as ROTACIÓNS dos nosos cultivos:
Unha vez abonado o noso bancal, podemos face-las plantacións neste orden:
1º. Hortalizas que se consuman polas súas follas. Ex: leituga. Estas empregarán os nutrientes da primeira capa do noso solo, porque non...
tracking img