00090102

Páginas: 11 (2686 palabras) Publicado: 20 de abril de 2015
Unha estrela no vento
Ledicia Costas
XERAIS

FICHA
Título:
Autor:
Editorial:
Colección:
Nº páxinas:
ISBN:

Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Edicións Xerais de Galicia
Fóra de Xogo
217
84-8302-481-0

A

2

TÉCNICA

AUTORA

LEDICIA COSTAS ÁLVAREZ naceu en Vigo no ano 1979.
Dende moi nova mostra interese pola literatura, sentíndose atraída especialmente pola
poesía de Manuel Antonio.
Compaxinaos seus estudios de Dereito Económico coa creación de mundos novelados
nos que pretende reflectir unha realidade coa que os lectores poidan identificarse.
Primeira novela da autora; nela traballa cuns protagonistas que case son da súa xeración,
non habendo distancia entre creadora e personaxes.

ARGUMENTO
Novela na que se narran as aventuras dun adolescente.
O instituto, a casa e un bar onde sereúne a panda para xogar ó billar son os lugares nos
que desenvolve a acción. O grupo de colegas, o ambiente de instituto, os problemas cos
pais, o amor adolescente, a rivalidade entre pandas… son ingredientes desta narración.
Os problemas da idade co enfrontamento que supón a todo o mundo adulto xúntanse
aquí a unha proliferación de conflictos, que se non souberamos que a realidade supera á
ficciónpensaríamos, excesiva.
A aparición de aspectos coma a presencia do pobo xitano e a dificultade da relación cos
paios, ou a introducción dun personaxe con minusvalía que ha de moverse en cadeira de
rodas fan que ese mundo de panda adolescente amplíe as súas fronteiras e os problemas
xa non sexan unicamente persoais ou familiares senón que acaden horizontes máis
amplos.
Unha historia tráxica na quese desenvolve a personalidade do protagonista.

PERSONAXES
MIGUEL. Protagonista e narrador en primeira persoa. Ten dezasete anos. Mal estudiante.
Moléstalle que lle pregunten se ten moza ou lle gusta alguén, que se metan na súa vida…
Moitas veces fai o que menos se espera del. Está necesitando tempo para si. Moitos pensan que é unha persoa especial, ben diferente dos seus compañeiros. Certamenteé capaz
de concentrarse coma moi poucos o poden facer, así o demostra xogando ó billar ou facendo poesías.
XOÁN E MARTIÑO forman parte do seu grupo de amigos. O primeiro deles será o seu
mellor amigo. Martiño é ese que sempre axuda.
MAQUI. Outro do grupo. Neste caso, un personaxe case antagonista que comeza sendo
amigo para converterse finalmente en inimigo. Ó longo do relato imos descubrindo comaademais de presumido e fardón é racista, e remata mudando a traidor do seu grupo.
Considera escoria a Abel e Reina.
ANA E MARTA son dúas rapazas que aparecen como posibles ligues de Miguel. De Marta
sabemos que é moi popular entre os seus compañeiros, tamén é clasista e minusvalora a
aquelas rapazas que non van á moda. De Ana, a loura Marilyn, deica caer que está máis
ou menos «colocada», pareceestar atravesando un mal momento porque o rapaz co que
saía foise coa súa mellor amiga.
ABEL é o curmán de Miguel. Un rapaz cun certo retraso que se nos mostrará a través da
súa dificultade para entender determinadas cousas ou a lentitude para facelo; a nivel físico está imposibilitado para moverse autonomamente e tamén padece algunha outra falta
de control. Ten unha capacidade moi especial paraconectar afectivamente e comprender
emocionalmente ós demais. Acaba de quedar orfo, de aí que pase a vivir na casa da súa
tía, a nai de Miguel.
PAULA, a irmá de Miguel ten dez anos. Móstrase dende os ollos de seu irmá, unha nena
pola que sente moito afecto e á que sempre segue a ver coma unha pequena.
NAI DE MIGUEL. Muller comprensiva, cre no seu fillo e é capaz de entendelo aínda nos
peoresmomentos. Por certo, os dela non poden ser peores: déixaa o home, morre súa irmá
e seu cuñado polo que se sente na obriga de facerse cargo do sobriño…
O PAI DE MIGUEL. Vémolo a través das palabras do seu fillo: un covarde impresentable
que foxe cara a adiante, mentireiro que pasa da familia… No fondo, tamén el está desorientado e non sabe cómo enfrontarse á adolescencia do seu fillo, sente que este...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS