10 estrategias de manipulación mediática

Páginas: 10 (2262 palabras) Publicado: 26 de marzo de 2014




AS 10 ESTRATEXIAS DE MANIPULACIÓN MEDIÁTICA























Alumno: Daniel Celester García
Profesora: Inma López Silva
Materia: Teorías do espectáculo e a comunicación
Curso: 2º Interpretación A
Curso académico: 2013/2014




•Índice

-Introdución.

-Desenvolvemento.
→ A estratexia da distración.
→ Crear problemas, ofrecer solucións.
→ Aestratexia da gradualidade.
→ A estratexia de diferir.
→ Dirixirse ao público como criaturas de pouca idade.
→ Superpoñer o aspecto emocional ao racional.
→ Manter ao público na ignorancia e na mediocridade.
→ Estimular ao público a ser compracente coa mediocridade.
→ Reforzar a autoculpabilidade.
→ Coñecer aos individuos mellor do que se coñecen eles mesmos.

-Conclusión

-Bibliografía•Introdución

O tema da manipulación de masas é tan antigo case coma o concepto de civilización. Dende a era dos vellos faraóns, que segundo eles eran os emisarios de Deus na Terra, seguindo polo “panem et circum” romano e pasando por todas as relixións maioritarias. Foi un tema que preocupou, e moito, aos estudosos da comunicación, xa fose para ben ou para mal. Así vemos que o condutistaLaswell levou a Estados Unidos as técnicas empregadas polos totalitarismos europeos do século XX e empregounas na publicidade. Schramm, outro condutista, estudou as diferenzas entre este tipo de comunicación e a que se da entre as persoas. Da tradición funcionalista chegou Maletzke, quen dixo que os seres humanos estabamos ante a continua compulsión e presión dos medios e Harry Pross (tradicióncrítico-relativista) defende que aínda que as persoas nacemos ceibes, vémonos coartadas polo noso sistema económico, cultura, sociedade, relixión, entre outras, e que só con pensamento crítico poderemos recuperar dita liberdade.
A este respecto apareceron por Internet “As 10 estratexias de manipulación mediática” atribuídas erroneamente, por certo, a Noam Chomsky. Chomsky é un reputado filólogo eactivista estadounidense que certamente dedicou gran parte dos seus esforzos a investigar en que maneira as élites dirixentes modifican a información que nos chega, sen embargo estes dez postulados non son seus. O propio Chomsky, tras coñecer que toda a comunidade informática lle atribuía esta listaxe, desmentiu que fose súa e tachouna de simplista. É probable que ó filólogo non lle falte razón, maisconsidero interesante adicarlle o ensaio a estas famosas 10 estratexias porque resumen bastante ben como somos obxecto constante de manipulación sen dármonos conta, aínda que as técnicas empregadas sexan máis e máis complexas. Tras investigar na rede todo apunta a que a autoría desta lista está a cargo do francés, Sylvain Timsit, que as publicaría no ano 2002 no seu blog http://www.syti.net.•Desenvolvemento

A continuación falaremos punto por punto destas 10 estratexias de manipulación mediática, trataremos de atopar exemplos e referentes delas na vida real e darei a miña propia opinión en moitos casos:

1. A estratexia da distracción.

Consiste esta técnica en desviar a atención do público dos problemas sociais, políticos e económicos verdadeiramente importantes cunha choiva dedatos insignificantes e pouco relevantes. Sen dúbida esta e unha das estratexias máis facilmente comprobables nos nosos medios de comunicación, xa sexan na televisión, nas revistas, nos xornais ou pola radio. A este respecto poderiamos establecer unha división por sexos (de forma sempre xenérica, por suposto). Se ben os homes interesaríanse máis por distraccións deportivas, maiormentefutbolísticas (ao menos en Europa), as mulleres interesaríanse máis por “programas do corazón” e cuestións de prensa rosa. Tamén o morbo, ao meu parecer, xoga un papel importante neste apartado, con noticias escabrosas de violacións, desaparicións, asasinatos ou pedofilia. Neste caso creo que aínda que é conveniente informar, os medios exercen unha repetición continua dos mesmos temas, tratándoos sempre...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • 10 ESTRATEGIAS DE LA MANIPULACION MEDIATICA
  • 10 Estrategias De Manipulación Mediática
  • 10 Estrategias De Manipulacion Mediatica
  • 10 ESTRATEGIAS DE MANIPULACION MEDIATICA
  • 10 estrategias de manipulacion mediatica
  • Las 10 estrategias de manipulación mediática, noam chomsky
  • Noam Chomsky Y Las 10 Estrategias De Manipulación Mediática
  • Las 10 estrategias de Manipulación Mediática

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS