13 Anos De Branca
Este libro, de Agustín Fernández Paz, conta a historia dunha rapaza chamada Branca. Esta historia transcorre no
ano 1992, desde finais de abril ata principios de xuño.
A protagonista destelibro, Branca, enfermou e o seu médico díxolle que tiña hepatite. Branca, aínda que é unha
persoa responsable e polo tanto leva a súa enfermidade con resignación, dáse conta que, estando enferma, nonpodía ir a escola e polo tanto no podería ver aos seus amigo. Por encima esta data coincidía con un
acontecemento importantísimo como é o feito de que ten que pasar o seu décimo terceiro cumpreanos na
cama.
Branca conta cunha familia que a coida e se preocupa por ela. A súa familia está formada polo seu pai que é
bibliotecario, unha nai que na actualidade é profesora e por un irmánpequeno, ademais ten moitos amigos que a
visitan.
De tódolos xeitos, ela pásao moi mal porque se non vai a escola non pode ver aos seus amigos pero sobre todo a
Lois, que é o rapaz que lle gusta.O día do seu cumpre anos, o 7 de maio, seus pais fanlle unha festa a que asisten tódolos seus amigos, menos
Lois, porque era un neno repetidor e a súa nai non lle gustaba que se xuntara con esetipo de xente.
Ese día fanlle moito agasallos pero, entre eles, a súa mellor amiga Ana regálalle un álbum de fotos . Quedou
moi contenta pois gustáballe moito pero pensaba que non servía para nada,pois non tiña fotos.
Un día súa nai entregoulle unha caixa chea de fotos de toda a familia e aconselloulle que para ir entreténdose
fose colocando as fotos no álbum de fotos.
Mentres íaordenando e colocando as fotografías ía recordando varios momentos das cousas que lle pasaron
como é a súa infancia en Santiago de Compostela ata os 7 anos, os 6 meses que viviu na casa da súa avoaRaquel, as cousas que sucederon na súa escola, cando coñeceu a Lois, o pombal de Lois onde se fixo unha
fotografía con el e o momento en que Lois lle contou a verdade do seu conflito coa súa profesora...
Regístrate para leer el documento completo.