2013061412491412a49ba8d00c7183008d4492ce2d53d5
Páginas: 5 (1198 palabras)
Publicado: 14 de junio de 2015
'A LINGUA VIVA '
Xandobela, Xestión e Dinamización SocioCultural:
Xandobela é unha iniciativa de Dinamización Sociocultural nada no 2005 en
Compostela, radicada na realidade galega e con vocación universal.
Promoven Xandobela un equipo de persoas educadas no asociacionismo de
Compostela, con experiencia no traballo sociocultural en distintos colectivos e
programas e con amplaformación en Pedagoxía, Educación Social e Dirección de
Actividades de Lecer e Tempo Libre.
Xandobela é un colectivo de educadores non-formais que traballa os vellos eidos
da cultura e da relación entre as persoas, favorecendo unha actitude integradora,
creativa e lúdica.
Que é unha Biblioteca Vivente:
Unha Biblioteca Vivente é unha biblioteca na que os libros son persoas. Persoas
con singulareshistorias de vida ou que posúen determinados coñecementos e que
difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos usuarios/as.
Para ser un Libro non cómpre ser unha eminencia ou recoñecido estudoso, senón
contar con experiencia vital ou saberes cos que poder ilustrar a outras persoas que
descoñecen e teñen curiosidade. Todos somos potenciais Libros e Lectores.
ABiblioteca Vivente (BV) é un proxecto educativo e cultural que pretende achegar
coñecementos ás persoas dun xeito ameno, directo e participativo. É un proxecto de
dinamización do coñecemento que convida a indagar e a descubrir aspectos novidosos
sobre o tema proposto dende a propia experiencia e dende os propios intereses. Axuda
a combater o descoñecemento, ignorancia, prexuízos e estereotipos dunhamaneira
activa e vivenciada.
Avda. Quiroga Palacios 6-baixo – 15.703 Compostela – A Coruña – Galiza
tlfno/fax: 981 575 738 – info@xandobela.info– www.xandobela.info
Celebrada por primeira vez en Dinamarca no ano 2000 e promovida dende o 2001
polo Consello de Europa como ferramenta de educación intercultural, a celebración de
Biblioteca Viventes é un fenómeno que comeza a espallarse polo mundo.
Esteatractivo formato é innovador no contexto galego (será a segunda BV que se
desenvolva en territorio galego, logo da primeira experiencia do Servizo de
Normalización Lingüística do Concello de Vigo e Xandobela en torno aos 'Tesouros
Vivos') e ofrécenos a oportunidade de dinamizar espazos para a lectura e o
coñecemento, dunha maneira enteiramente vivencial e participativa, polo que se traballantamén valores e actitudes que coa mera consulta de libros e documentación non é
posible: motivación, construción activa de coñecemento, relacións sociais, autoestima,
capacidades de comunicación e escoita...
Biblioteca vivente: A lingua viva
Entre os días 22 e 25 do vindeiro mes de novembro desenvolveremos varias
sesións na Casa das Palabras-Verbum con mozos/as dos primeiros anos de secundaria.
É anosa intención evidenciar a existencia de prexuízos lingüísticos para poder rachar
con eles, dignificar a nosa lingua e fomentar o seu uso entre a mocidade. Trátase de pór
en contacto á mocidade con persoas galegofalantes para achegarlle as súas
experiencias vencelladas co uso da lingua, dun xeito eminentemente directo, vivencial e
participativo. Tratamos de presentar un catálogo de libros-persoaamplo e diverso, que
dividimos en tres apartados:
• 'Neofalantes': galegos/as neofalantes ou persoas doutros países que se
decantaron polo galego.
• 'Galegos/as convencidos/as': de sectores da sociedade onde o galego ten
escasa presenza.
• 'Tesouros Vivos': testemuñas de vida que pretenden dar voz e visibilidade a
experiencias vitais de gran calado e significancia dos nosos maiores con respecto aoemprego da lingua dende un punto de visto histórico.
Un total de doce libros vivos, con experiencias vitais que rachan con moitos
prexuízos lingüísticos, van estar dispoñibles nas distintas estanterías da Biblioteca Vivente
no Verbum durante esas catro xornadas, para que os alumnos/as de Secundaria de Vigo
Avda. Quiroga Palacios 6-baixo – 15.703 Compostela – A Coruña – Galiza
tlfno/fax: 981 575...
Leer documento completo
Regístrate para leer el documento completo.