20140626 Calendario Escolar

Páginas: 24 (5905 palabras) Publicado: 18 de marzo de 2015
DOG Núm. 120

Xoves, 26 de xuño de 2014

Páx. 28787

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o
curso 2014/15 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade
Autónoma de Galicia.
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na redacción establecida pola Leiorgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (BOE do 10 de
decembro), determina na disposición adicional quinta que o calendario escolar, que fixarán
anualmente as administracións educativas, comprenderá un mínimo de 175 días lectivos
para o ensino obrigatorio e que, en calquera caso, no cómputo do calendario escolar se
incluirán os días dedicados ás avaliaciónsprevistas nos seus artigos 20.3, 21, 29 e 36 bis.
A disposición derradeira quinta da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (BOE do 10 de decembro), establece no seu punto 1 que as modificacións introducidas no currículo, a organización, obxectivos, promoción e avaliacións
de educación primaria se implantarán para os cursos primeiro, terceiro e quinto no curso
escolar2014/15, e para os cursos segundo, cuarto e sexto no curso escolar 2015/16. No
punto 4 da citada disposición establécese que os ciclos de formación profesional básica
substituirán progresivamente os programas de cualificación profesional Inicial.

CVE-DOG: n1kqhgs8-dxb8-06n3-5jm4-93j9hmez64o9

O primeiro curso dos ciclos de formación profesional básica implantarase no curso escolar 2014/15, no calse suprimirá a oferta de primeiro curso dos programas de cualificación
profesional inicial.
Tendo en conta que as funcións de planificación, regulación e administración do ensino
regrado son competencia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e
co obxecto de fixar o calendario escolar e as actividades de fin de curso para o curso 2014/15
nos centros docentes sostidos confondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, por
proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,
DISPOÑO:
CAPITULO I
Calendario escolar
Artigo 1.  Aprobación
Apróbase o calendario escolar para o curso 2014/15 coas especificacións que se sinalan.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

DOG Núm. 120Xoves, 26 de xuño de 2014

Páx. 28788

Artigo 2.  Ámbito de aplicación
Esta orde é de aplicación en todos os centros docentes da Comunidade Autónoma de
Galicia sostidos con fondos públicos.
Artigo 3.  Duración do curso académico
1. O curso académico abranguerá desde o día 1 de setembro de 2014 ata o 31 de agosto de 2015.
2. Nos primeiros días do mes de setembro e ata o día 4 como máximo realizaranseas
probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2013/14 para o alumnado
de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
3. As sesións de avaliación e a entrega de cualificacións da devandita convocatoria extraordinaria poderán realizarse ata o día 8 de setembro, incluído.

CVE-DOG: n1kqhgs8-dxb8-06n3-5jm4-93j9hmez64o9

4. Sen prexuízo do establecido no artigo 10 desta orde, nosdías en que se celebren as
probas extraordinarias será de aplicación o punto 107 das instrucións que regulan a organización e o funcionamento dos institutos de educación secundaria, aprobadas pola Orde do
1 de agosto de 1997 (DOG do 2 de setembro), e o punto 127 das instrucións que regulan
a organización e o funcionamento dos centros públicos integrados, aprobadas pola Orde
do 3 de outubro de 2000(DOG do 2 de novembro). Para tal fin, as direccións dos centros
elaborarán o correspondente horario de gardas.
5. O alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato que non puidese matricularse no prazo ordinario poderá facelo no prazo extraordinario, que rematará o día 10
de setembro de 2014, incluído.
Artigo 4.  Comedores escolares dos centros públicos
Os comedores escolares...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Calendario escolar
  • Calendario escolar
  • calendario escolar
  • Calendario escolar
  • el calendario escolar
  • Calendario escolar
  • Calendario Civico Escolar
  • Calendario Escolar 2012-13

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS