768uu6
Páginas: 7 (1558 palabras)
Publicado: 7 de octubre de 2014
I.1. A empresa
Concepto de empresa: elementos, funcións e obxectivos. Factores de produción (inputs), produto (output) e valor engadido. A creación de valor. Funcionamento global (descrición xeral do ciclo de produción) e áreas de actividade (produción, comercialización, financiamento e dirección ou organización). Visións do papel do empresario nopensamento económico: Adam Smith-Knight-Schumpeter-Galbraith. Tipos de empresa e criterios de clasificación: titularidade do capital, tamaño e sector de actividade.
I.2. Contorno xeral e específico de empresa.
Contorno xeral: factores económicos, socioculturais, político-legais, tecnolóxicos. Contorno específico: o sector. Esquema das cinco forzas competitivas de Porter: rivalidade entre competidoresactuais, ameaza de entrada de competidores potenciais, ameaza de produtos substitutivos, poder negociador dos provedores, poder negociador dos clientes. Análise DAFO. A responsabilidade social e medioambiental da empresa (traballadores, sociedade, consumidores, medioambiente)
I.3. Análise do marco xurídico que regula a actividade empresarial
Principais formas xurídicas da empresa: Empresarioindividual e empresario colectivo (Sociedade Anónima, Sociedade de Responsabilidade Limitada, Sociedade Limitada Nova Empresa, Sociedades Laborais, Sociedade Cooperativa).
- Aspectos mercantís
Trámites legais para a constitución da empresa. Rexistro Mercantil. Propiedade industrial: signos distintivos da empresa (nome comercial, rótulo do establecemento e marca) e invencións. Defensa dacompetencia. Publicidade.
- Aspectos laborais
Dereitos e obrigas do traballador: dereitos e deberes básicos. Dereitos e deberes derivados do contrato de traballo (salario, xornada e calendario laboral, permisos e vacacións). A conciliación da vida laboral e familiar das persoas traballadoras: aspectos básicos.
Contrato de traballo (concepto e elementos para que sexa válido), tipoloxía (segundo a duracióndo contrato e segundo a duración da xornada). Suspensión e extinción do contrato de traballo: concepto e causas. Concepto de convenio colectivo. Obrigas de afiliación e cotización á Seguridade Social. Seguranza e hixiene no traballo: aspectos básicos. Prevención de riscos laborais: aspectos básicos.
- Fiscalidade
Tributos: concepto e clases. Impostos: concepto, clases (directos-indirectos,reais ou de produto, persoais ou sobre a renda), elementos (suxeito activo, suxeito pasivo, feito impoñible, base impoñible, tipo impositivo) e ámbito de xestión (estatal, autonómico e local). Fiscalidade do empresario individual: IRPF, IVE. Fiscalidade do empresario social: Imposto sobre sociedades e IVE.
I.4. Desenvolvemento da empresa. Factores de localización espacial e dimensión da empresaFactores de localización espacial da empresa: localización de actividades industriais, localización de actividades comerciais e de servizos.
A dimensión empresarial: concepto e criterios de medición. As PEMES: vantaxes e inconvenientes. O crecemento da empresa: crecemento interno e crecemento externo. Estratexias de fusión e adquisición.
A internacionalización, a competencia global, a influenciado desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nas empresas. As empresas multinacionais: características e factores de desenvolvemento.
Tecido industrial galego e tamaño empresarial en Galicia. O cooperativismo en Galicia.
II. A FUNCIÓN PRODUTIVA DA EMPRESA
El proceso de produción: concepto e obxectivos. A cadea de valor. Clasificación dos procesos produtivos:técnicas de produción (produción para o mercado - produción sobre pedido, produción artesanal - produción en serie). Asignación dos recursos produtivos (eficiencia técnica e económica). Custos de produción: concepto e clasificación (fixos e variables, medios e marxinais, directos e indirectos). Equilibrio da empresa no caso xeral: limiar de rendibilidade ou punto morto (decisión de producir ou...
Leer documento completo
Regístrate para leer el documento completo.