Accesibilidade

Páginas: 64 (15787 palabras) Publicado: 1 de abril de 2014
Accesibilidade e capacidades cognitivas.
Mobilidade no contorno urbano: vialidade, transporte e edificios públicos.
Índice
1. Obxectivo
2. Alcance
3. Introdución
4. Consideracións xerais sobre accesibilidade do medios urbano
5. Accesibilidade Cognitiva: solucións transversais
5.1. Alén da sinalización: o concepto de «Wayfinding»
5.2. Directrices europeas para a lectura fácil
6.Ámbitos sectoriais na análise da accesibilidade urbana considerando as capacidades cognitivas
6.1. Vialidade (Urbanismo)
6.1.1. Sinalización no casco histórico da cidade de Cuenca
6.1.2. «Signals-4all», sinalización personalizada e accesible para todos (España)
6.2. Edificios públicos (edificación)
6.2.1. Edificios públicos: accesibilidade á comunicación
6.2.2. A Oficina Municipal de Atención ala Ciudadanía sin barreras de comunicación (Málaga)
6.2.3. Seguridade, funcionalidade e psicoloxía ambiental no deseño de edificios: o Centro de Atención Integral a Personas con Discapacidad Intelectual en Yunquera de Henares (Guadalaxara)
6.2.4. Sinalización do Ayuntamiento de Campo de Criptana (Cidade Real)
6.2.5. Sinalización e Wayfinding en edificios públicos (ODPM, Reino Unido)
6.2.6.Universal Symbols In Health Care (Estados Unidos)
6.3. Transporte
6.3.1. COST 335: Passengers’ Accesibility of Heavy Rail Systems (Unión Europea)
6.3.2. A accesibilidade do transporte en autobús: diagnóstico e solucións (Imserso, España)
6.3.3. Mencap: a campaña «Transport» (Reino Unido)
6.3.4. «Door to Door»: unha guía de viaxe para as persoas con discapacidade (DPTAC, Reino Unido)
6.3.5.«Valuing People», Plan do Goberno Británico no apoio ás persoas con discapacidade cognitiva (Reino Unido)
6.3.6. «Mobility-for-All» (Universidad de Colorado, Estados Unidos)
6.3.7. «Travel Assistant Device», dispositivo de asistencia en viaxe (Universidade do Sur de Florida, Estados Unidos)
6.3.8. O sistema de pictogramas para espazos internacionais da AIGA (Departamento de Transporte, EstadosUnidos)
7. Conclusións
Bibliografía
Páxinas web de interese
1. Obxectivo
Sistematizar o coñecemento dispoñible, as experiencias e proxectos en materia de accesibilidade do medio urbano, considerando as capacidades cognitivas, con vistas a fundamentar recomendacións e criterios técnicos neste ámbito.
2. Alcance
A análise da situación actual en materia de accesibilidade do medio urbanoconsiderando as capacidades cognitivas, presentará os estudos, investigacións, experiencias e proxectos, tanto en España como no ámbito internacional (Europa, Estados Unidos, etcétera). Identificaranse as liñas de actuación, os seus aspectos converxentes, os principais resultados e iniciativas experimentais ou de innovación.

3. Introdución
O medio urbano é un espazo construído polos seres humanos,conforme a un conxunto de criterios, valores e saberes que cambian de época en época e de sociedade en sociedade. A accesibilidade urbana refire ao uso e disfrute de espazos públicos polo conxunto de cidadáns, con autonomía e seguridade. A concepción da cidade, o deseño das súas rúas e prazas, a previsión do seu aproveitamento ten cambiado nos últimos anos para incluír, con moi diferente grao deaplicación a veces en concellos nun mesmo territorio, a diversidade nas manifestacións das capacidades funcionais das persoas, o que se coñece como as distintas capacidades. O urbanismo das últimas décadas ten incorporado, polo menos na norma, as necesidades específicas das persoas con discapacidade física ou sensorial. A pesares do aumento da complexidade que as cidades contemporáneas presentan, poladensidade de servizos e as aplicacións da «sociedade da información» nas rúas, nos transportes, nos edificios públicos, non se ten considerado case nada as capacidades cognitivas, agás en experiencias illadas, no deseño urbano; o que exclúe a persoas con discapacidade intelectual, autismo, e en xeral, establece dificultades a calquera que teña que procesar tal cantidade de información. O...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS