Acueducto de Segovia
ESTILO: arte romano. Arquitectura
CRONOLOXÍA:S. I d. C
TÍTULO: Acueducto de Segovia
AUTOR: Cayo Xullo Lacer
MATERIAL: granito
LOCALIZACIÓN: Segovia2. ANÁLISE DE ASPECTOS FORMAISO proceso de aculturación que experimentaron as diversas rexións conquistadas por Roma coñécese co nome de romanización, polo que ditos territorios incorporaron os modos de organización políticosociais, os costumes e as formas culturais emanadas de Roma .
Roma iniciou a súa hexemonía nos territorios peninsulares,
que recibiron o nome de HispanIa.O acueducto é unha canalización de auga para abastecer a un núcleo poboado. Soterrado ou elevado mediante arcadas adáptase ás necesidades do terreo O acueducto foi erixido para a condución de auga dende a serra de Guadarrama ata a cidade española de Segovia. Tras un longo percorrido dende a serra, o acueducto entra na cidade salvando un gran desnivel. É unha obra urbana que se integra na natureza: adáptase á pendente do terreo e convértese nunha pantalla que pon en relación o campo e a cidade a través dos seus vans, adquirindo o sentido de porta monumental á urbe.
Está realizado con perpiaños de granito unidos a óso, sen necesidade de argamasa, proba da gran perfección alcanzada pola arquitectura romana. Todo o conxunto persegue un toque estético que recorda a un arco de triunfo e consta de tres niveis claramente diferenciados: A dobre liña de arcadas superpostas sobre piares. Os arcos realízanse con doelas trapezoidais dispostas de forma radial. Destaca, entre as dúas filas de arcadas, un pequeno detalle central formado por tres fileiras de perpiaños nas que habería unha inscrición. Sobre este, o alicerce central está perforado cun nicho para esculturas. A canle do ático, por onde pasaba a auga, formado cunha argamasa impermeable e cuberto con tellas. A súa estrutura construtiva baséase na reiteración de arcos e alicerces, cuns elementos ...
Regístrate para leer el documento completo.