ali ven a tola

Páginas: 8 (1840 palabras) Publicado: 6 de noviembre de 2013


















































Soou o timbre. Comeza o famoso castigo que nos impuxo a de inglés cunha visita do director incluída... Isto parece a cárcere de Guantánamo! Por culpa dun pasmón que pechou a porta dun porrazo, cobramos toda a clase, claro, coma sempre...! Todos os días a mesma ladaíña, unha xa se comeza acansar de tanta parvada, de tanta ignorancia e que na cabeza de algún só viva unha pulga xogando cos comportamentos coma se fosen un videoxogo.

Primeiro, eu non teño por que estar aquí, demo, eu estou moi segura de que eu non fun. Segundo, sei quen foi e non o podo dicir porque non merece a pena gañar inimigos por culpa dun golpe a unha porta. Terceiro, teño fame e non podo comer o bocadillo.Cuarto, a profesora ás veces pásase. E podería seguir ata o infinito se me dera a gana.

Aí vén o condenado do director botarnos o sermón. Pois hala! Bota, bota... Voume ao meu mundo. A ver... onde quedara en xeografía... Ai si! Flavia estaba lavando sotanas, albas e manteis mentres os dous rapaces asexaban polo medio dos mirtos.

Encántame esta parte. A ver se dou chegado dunhasanta vez, que con isto dos exames levo un atraso nas miña historias que xa é bastante considerable.

Volvendo á historia, cando Flavia rematou de lavar todo aquilo, quitou a roupa e dispúxose a bañarse nas augas cristalinas do río Eume. Ao novicio caíalle a baba e íanselle os ollos cara aquel cenzo que Deus quixo esculpir con tanta perfección e con tanta gracia. Sen embargo, ao xove pescadornon lle fixo moita graza mirar á súa prometida ás agachadas... Que cara! A de inglés estase rindo coma unha descosida de nós porque o director lle dá a razón! Isto non pode ser. Vou desconectar, xa seguirei na clase de música.

—¿Pero te parece normal que élla un día nos dijera que teníamos que hacer un test de inteligencia para ver si éramos lo suficientemente listos para estar en estaclase? —Xa saltou a lebre... Pobriña, non vaia a ser o demo, Sara... Hai que ser panocos, canto máis protestades peor é, e ademais iso do test de intelixencia foi hai mil e un anos xa.

—A ver, Sara, contrólate... Que non sempre tes a razón, que sodes sempre a mesma clase. —O director tamén máis parvo non nace, culpa de toda a clase non foi, é culpa dese grupo de fumados que non fan máisque causar estragos neste mundo. Se me mandan xurar, eu diría que Deus os trouxo ao mundo para facer de Demo. Ben é sabido que o que Deus fai, o Demo desfai, e de certo modo estanse desfacendo a eles mesmos, e logo quéixanse que xa os teñen pillados de ollo... Así vai España!

O director non facía máis que moverme o estoxo. Quen me mandaría poñerme diante...!

Xa pasou o curtopero longo recreo, e menos mal. Non collín as miñas cousas porque xa sabía o que ía pasar: O director seguro que ía continuar o castigo despois de que soase o timbre e seguro que se nos erguíamos nos mandaba sentarnos de novo coa escusa de que o profesor decide cando remata a clase. Meu dito, meu feito. Pois eu creo que non se pode queixar! Tivo unha clase de unha hora e dez minutos!

Porfin... E agora unha pouca música clásica bonita do Romanticismo para que os meus pensamentos florezan... A abstraerse do mundo real outra vez...
Creo que hoxe logrei imaxinar bastante. Gústanme os rebumbios porque no medio deles, a miña mente é capaz de liberar unha morea de novas ideas para as miñas historias.

A ver se me explico, que non sei se quedaría moi claro... Escribohistorias por pura diversión. Comecei a presentarme a certames literarios cando ía en 5º de primaria, e dende aquela escribo por gusto, igual que outro pode pasalo ben toda a tarde falando polo móbil.

Son diferente aos demais, por iso son obxecto de burlas; aínda que ultimamente coma se se poñen a pelar patacas no medio da clase, dáme absolutamente igual. A algunha hora, as burlas facíanse...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • tolo
  • Tolo
  • Tolo
  • tola
  • Tola
  • Ali-ali
  • aliados
  • aliados

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS