Amego
Baixas e enfermidades leves.
Na Mesa Sectorial de hoxe, 24 de xaneiro, a Consellaría informou sobre a aplicación dos
descontos nas baixas e o mantemento do establecidosobre enfermidades leves.
A Consellaría explica que incialmente, ao non recoller o Decreto 20/2012 que os descontos nas baixas
eran norma básica, a Consellaría pasou a aplicar a Lei 1/2012 publicada enGaliza en febreiro, en
virtude da cal os descontos nos tres primeiros días de baixa se incrementaban desde o 50% ao 100,
segundo o número de baixas que se collesen no ano. A Lei de Orzamentosmodifica este extremo
declarando normativa básica o desconto que se practica nos tres primeiros días de baixa, polo que a
redución salarial dos tres primeiros días será sempre do 50%, sexa a primeira, asegunda ou a terceira
baixa. Nas restantes cuestións mantense a aplicación da normativa galega. Esta nova aplicación no lle
afecta ao persoal interino e laboral, ao que se lle segue aplicando a Lei1/2012 tamén no relativo aos
descontos dos 3 primeiros días de baixa.
Á súa vez a Lei de Orzamentos regula con carácter básico as enfermidades leves que non dan lugar a
baixa. Esta norma que ébásica remite a un desenvolvemento que, en Galiza, non está feito. Por tanto,
de momento contamos coa nosa propia normativa que non practica ningún desconto nestas
enfermidades leves. É dicir, mantense aaplicación do artigo 12 da Orde do 7 de abril de 2008 pola
que se regula o réxime de permisos e licenzas do persoal docente que recolle: “Quedarán xustificadas
por esta epígrafe as ausencias porindisposicións ou enfermidades leves non superiores a tres días
cando se achegue a pertinente xustificación documental.”
En conclusión, a día de hoxe as enfermidades leves xustificadas a través doartigo 12 da Orde de
Permisos e Licenzas non dá lugar a ningún desconto e cando hai un parte de Incapacidade os
descontos quedan como seguen:
Incapacidade laboral transitoria
Días 1-3
Días 4-21...
Regístrate para leer el documento completo.