Análise As Uvas Da Ira

Páginas: 6 (1350 palabras) Publicado: 29 de noviembre de 2012
AS UVAS DA IRA (John Ford, 1940)

1.)Datos da ficha técnica da película
Título orixinal: The Grapes of Wrath
Produción: foi producida por Darryl F. Zanuck e Nunnally Johnson, con John Ford como director. A película comezouse a grabar o 4 de outubro de 1939 e rematouse o 16 de novembro do mesmo ano, sendo os escenarios de grabación Oklahoma, Novo México, California e Arizona.
Guión: NunnallyJohnson
Director: John Ford
Montaxe: Robert L. Simpson
Dirección Artística: Greg Toland,
Música: Alfred Newman, coa banda sonora de "Red River Valley", de Henry Fonda; "A tisket, a tasket", de Ella Fitzgerald y Van Alexander; y "Going down the road Feeling Bad", de Eddie Quillan.
Duración: 129 minutos.

2.)Argumento
Tom Joad, pertencente a unha familia campesiña, sae da cárcel grazas auna concesión de liberdade condicional para atoparse con que a súa familia tivera que marchar da súa casa por mor das expropiacións que estaban levando a cabo os bancos. Cando se reúne coa súa familia na casa do seu tío, non pasa moito tempo ata que lles veñen recordar que teñen que abandonar a propiedade, dista maneira deixan a casa do seu tío todos xuntos nunha camioneta Ford, rumbo a California.Polo camiño morre o membro máis vello da familia, o avó, que é enterrado xunto con unha nota para esclarificar as causas da súa morte. Antes de chegar a California, paran a descansar nun lugar, e coñecen a un home, que se rí do optimismo da familia, sendo él mesmo coñecedor da situación no oeste por vivencia propia. O primeiro campamento ao que chega a familia está cheo de persoas famentas edesempregadas, polo que os Toad deciden abandonar o lugar. Xa no segundo campamento (o Keene Ranch) a familia comeza a traballar, pero pronto se atopan cos altísimos prezos dos alimentos, e Tom decide asistir a unha reunión secreta de traballadores que planean unha folga. Éstes son descubertos e o predicador Casy é asasinado polos gardas. Tom, intenta fuxir pero vése obrigado a matar a un garda, poloque é buscado por todo o campamento coa única pista de que ten que ser alguén con unha ferida no ollo. A familia, ante o perigo de que Tom puidese ser descuberto, decide cambiarse de lugar e viaxar hacia outro campamento. Rematan chegando a un campamento pertencente ao goberno, que tiña todo tipo de comodidades que os máis pequenos da familia nin sequera coñecían. Despois dun incidente nocampamento con uns personaxes que querían revolucionar o asentamento, Tom lembra as palabras do predicador Casy, que apoiaba a reforma social, e decide marchar daquel lugar para intentar axudar nesa causa. A película remata coa familia marchándose do campamento, cando a nai di a frase: "Pero nós seguimos vivos, e seguimos caminando. Non poden acabar con nós nin aplastarnos; saldremos sempre adiante,porque somos a xente.

3.)Tema
O tema fundamental da película é a crise do 29 e os seus efectos no sector agrario, provocando a fuxida de moita xente dos seus fogares, xa fora por encontrar traballo ou simplemente porque a súa casa fora expropiada. Os prezos abusivos pola comida, así como os salarios mínimos que recibían aqueles "afortunados" que conseguían atopar un traballo ao oeste do país, queera a zona para onde se orientou a migración, son tamén destacados na película, así como a incapacidade do goberno para dar unha solución a esa situación.

4.)Estados dos que proceden os campesiños
A maioría dos campesiño proviñan do centro e o este, como Oklahoma, Novo Mexico, Colorado, Arizona… e dirixíanse cara a California,

5.)Extensión da crise no campo.
A quiebra da bolsa en EstadosUnidos trouxo consigo unha reacción en cadea que comezou por deixar aos alimentos do campo a un precio que non era suficiente para subsistir. Isto coincidiu ademais cunha época de malas colleitas e sequías que rematou definitivamente co traballo no campo. O feito de non poder exportar productos á cidade levou consigo a perda irremediable do capital dos campesiños, que foron botados das súas casas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Las uvas de la ira
  • Las Uvas De La Ira
  • la uvas de la ira
  • Las uvas de la ira
  • Las Uvas De La Ira
  • Uvas De La Ira
  • Las uvas de la ira
  • Las Uvas De La Ira

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS