Anatomia

Páginas: 10 (2445 palabras) Publicado: 9 de abril de 2012
ANATOMIA
¿Qué é un oso, unha articulación e un músculo ?

Un oso é un órgano branco, duro e moi resistente que, xunto con outros, forma o esqueleto.
Polo tanto, o esqueleto e un conxunto de osos perfectamente articulados entre si que ten varias funcións: sostén as partes brandas, protexe algúns órganos, forma a sangue (medula ósea),...
No noso corpo existen ó redor de 200 osos, estes sonde varios tipos. En función da súa forma podemos distinguir:
Osos curtos (tarso, carpo,...).
Osos largos (fémur, úmero,...).
Osos planos (occipital, coxal,...).

Unha articulación é o conxunto de formacións anatómicas que poñen en contacto dous ou máis osos, e poden ou non darlle a característica de mobilidade.
Existen varios tipos de articulacións segundo a súa mobilidade. Podemos atopar:Articulacións Fixas (Sinartroses): p. e. as articulacións do cranio.
Articulacións Semimóbiles (Anfiartroses): p. e. as intervertebrais.
Articulacións Móbiles (Diartroses): p. e. o xeonllo, o nocello,...
*estructura dunha diartrosis
Dentro de cada un destes tipos, existen varias subdivisións pero nos, de momento, só nos imos a centrar nas Articulacións de tipo Diartroses ou móbiles queestán formadas por:
Superficies articulares dos osos, revestidas por cartílago articular, que evita o rozamento e, polo tanto, o desgaste deses osos (artroses).
Anexos as superficies articulares: os discos ou meniscos, que teñen a función de axudar á congruencia entre os osos e evitar, tamén, o rozamento.
Formas de unión, que eviten a separación deses osos: a cápsula articular e os ligamentos.Membrana Sinovial, que tapiza a articulación por dentro e ten como función producir e eliminar o líquido sinovial. Este atópase dentro da articulación nutríndoa e lubricándoa.

O músculo é o órgano activo do movemento e está formado por células musculares. Estas células, así coma o músculo, teñen a capacidade de acurtarse e alongarse en función dos estímulos que reciban. O corpo humano presenta untotal de 500 músculos, aproximadamente. Existen tres grandes tipos de músculos (en función da súa estrutura interna) que convén que os teñamos en conta:
Músculo estriado, son un tipo de músculos voluntarios (son controlados voluntariamente) e esqueléticos (encárgase do movemento do esqueleto).
Músculo liso, este tipo é visceral (atópase nos vasos sanguíneos, nas vísceras,...) e involuntario (nonpodemos controlalos voluntariamente).
Músculo cardíaco, está a medio camiño entre os dous grupos anteriores. Ten un aspecto moi similar ó estrado pero o seu control obedece ó tipo de músculo liso. Encargase da contracción continua e rítmica do corazón.
*estructura dun musculo estriado
O grupo de músculos que máis nos interesa para estudar o movemento humano e dende o punto de vista da materiaque nos ocupa e o músculo estriado. O músculo estriado pode presentar moitas formas pero, basicamente presenta a seguinte estrutura:
Tendóns, que son estruturas fibrosas de coláxeno moi resistentes e flexibles que unen os músculos ós osos que van mover.
Ventre/s, formados por fascículos musculares que, á súa vez están formados por células musculares (contráctiles).
Membranas, que envolven ómúsculo, ós seus fascículos e ás súas fibras musculares. A que envolve todo o músculo chámase: epimisio.
2. Músculos, Articulacións e osos mais importantes.

PARTES DO CORP.
ARTICULACIÓNS
PARTES DO CORP.
ARTICULACIÓNS

Membros Superiores
Pulso
Membros Inferiores
Nocello


Cóbado

Xeonllo

M.M.S.S. co Tronco
Ombreiro (ombro)
M.M.I.I: co Tronco
Cadeira

Tronco
Art.intervertebrais


PARTES DO CORPO
OSOS
MÚSCULOS
CABEZA
Frontal
Músculos masticadores,
M. anexos ó globo ocular,
M. da mímica,...

Occipital


Parietais


Temporais


Maxilares

TRONCO
Vertebras
(7 cervicais)
(12 torácicas)
(5 lumbares)
Músculos dos canais vertebrais,...


Costelas
Diafragma (respiración),...

Esternón

Membros Superiores
Cintura escapular (ombreiro)...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Anatomia
  • Anatomia
  • Anatomia
  • Anatomía
  • Anatomia
  • Anatomia
  • Anatomía
  • Anatomia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS