Antiguo réxime-constitución 1812
O ANTIGO RÉXIME (XVI, XVII, XVIII)
A denominación de Antigo Réxime foi empregada polos revolucionarios franceses para referirse ao sistema político e ao modelo de sociedade existente en Francia antes da Revolución, no 1789. Nun sentido máis amplo, emprégase para denominar os rasgos da sociedade europea que se iniciou no XVI e acadou a plenitude no XVIII.
Sistema económicopredominantemente agrario
As actividades agrícolas e gandeiras eran a base económica e principal fonte de riqueza, xa que o sector secundario, de carácter artesanal, e o terciario apenas estaban desenrolados. Era o sector primario o que empregaba á maior parte da poboación, e tiña as seguintes características:
• Tiña un carácter predominante de subsistencia e de pago de rendas, pois asproducións estaban destinadas a cubrir as necesidades básicas dos campesiños (alimentar á familia, ao gando e gardar sementes), e a pagar tódolos tributos establecidos (pagar aos donos das terras, á Igrexa, ao rei...). A meirande parte dos excedentes iba destinada a isto, e os campesiños atopábanse nunha situación de estancamento porque os nobres, en lugar de introducir melloras técnicas e facerinvestimentos, gastaban o diñeiro en produtos de luxo e adicábanse a vivir de rendas.
• As técnicas e instrumentos eran rudimentarios; a agricultura era na súa maioría extensiva, é dicir, que se cultivaban grandes superficies pero obtíñase un rendemento moi baixo. Ao cultivar ano tras ano a terra ía perdendo nutrintes, co que empregaban a rotación bienal e trienal con barbeito, deixándoa descansar dunano para outro.
• As innovacións foron escasas salvo nalgúns lugares, grazas á introdución do millo e da pataca, do sistema de regadío, a vide, a oliveira e a moreira branca.
• Os rendementos eran baixos e na maioría dos casos non cubrían as propias necesidades dos campesiños, co que vivían nunha situación de permanente miseria e atraso.
•
Derrota de mieses: práctica empregada durante oAntigo Réxime que permitía a entrada de gando alleo nos terreos que estaban en barbeito ou nos que xa se recollera a colleita, independentemente de quen fora o dono da parcela. Deste xeito, os campesiños podían alimentar aos seus animais, e estes á súa vez abonaban os terreos, aumentando a súa fertilidade.
Diferencia
A productividade agrícola relaciona a cantidade producida cos custos dosfactores de produción, e pódese mellorar con innovacións técnicas; o rendemento agrícola, pola contra, relaciona a cantidade de colleita recollida coa superficie cultivada, ou tamén relacionando o número de sementes co de froitos recollidos. Mellórase con regadío, o abono, o arado profundo da terra etc.
O réxime de propiedade da terra seguía modelos medievais, onde a maior parte da terra pertencíaá Igrexa, aos nobres ou aos concellos, co que estaban vinculadas e non se podían vender. Só unha pequena parte dos campesiños tiñan terras de seu, o que contribuía á que a propiedade se centrase nunhas poucas mans. Distinguimos entre:
-Terras de reguengo: son xeneralmente terras de cultivo e baldíos que pertencen ao rei, pero que este vai vendendo aos nobres para poder financiar as súasactividades.
-Terras dos concellos: A Reconquista (expulsión dos árabes da península por parte dos Reis Católicos), permitiu a constitución de concellos dotados de terras de propios e terras comunais. As primeiras son as que o concello arrenda a quen as queira cultivar, co obxectivo de conseguir rendas empregadas coma un fondo común para os veciños. As terras comunais tamén lles pertencen, pero son deuso libre, e están a disposición dos campesiños que non teñen propiedades suficientes para poder soportar o peso da unidade familiar.
-Señoríos eclesiásticos: son territorios amortizados ou de mans mortas que non se poden vender, expropiar nin embargar, e que pertencen a alguén da Igrexa (Obispado, mosteiros, igrexas, ordes militares[Formadas por cabaleiros que combinaban o modo de vida...
Regístrate para leer el documento completo.