antiguo regimen
O Antigo Réxime é un sistema político, social e económico comprendido entre os séculos XVI e finais do XVIII caracterízado por:
-Unha monarquía absoluta, , o rei só era responsable ante Deus. O monarca concentraba na súa persoa os poderes (lexislativo, executivo e xudicial); controlaba o mando do exército, as institucións e a administración do Estado. Os súbditos non gozan deningún dereito.
-Unha sociedade estamental formada por, a nobreza, o clero e o Estado Chairo ou Terceiro Estado.
A sociedade estamental era unha sociedade pechada na que cada persoa pertencía a un estamento por nacemento Ao estamento privilexiado accédese (salvo o clero) por nacemento ou por concesión especial do monarca
A nobreza e o clero eran os privilexiados e posuían a maior parte dasterras, explotadas en réxime señorial, acaparaban todos os cargos e estaban exentos do pagamento de impostos.
O clero cobraba o décimo (10% da colleita dos campesiños ). Non era un grupo homoxéneo , xa que o alto clero gozaba dos luxos e privilexios da nobreza , mentres o baixo clero levaba unha vida modesta.
O Terceiro Estado é o estamento non privilexiado, formado polos demais sectores dasociedad( campesiños, a burguesía, os artesáns e os marxinados (vagabundos e mendigos), a súa función era traballar para os outros estamentos.
-Un modelo demográfico antigo, caracterizado polo inestable equilibrio entre recursos e poboación, no que as crises de subsistencia facían aumentar a mortalidade que reducía a poboación, e aínda que a natalidade era tamén moi alta non conseguía que o aumentode poboación fose perdurable. Había escasos avances médicos e nunha poboación analfabeta, sen posibilidades de cultura nin estudos a hixiene era tamén moi mala. A poboación estaba estancada.
-Unha economía predominantemente agraria rural de tipo tradicional e feudal con baixos rendementos orientados ao autoconsumo. O sistema de cultivo era organizado en campos abertos (openfields ) . Ademaisexistían terras comunais dedicadas a pastos e a bosques. As técnicas de cultivo eran moi antigas,o uso do barbeito (deixar descansar a terra para que recuperase a fertilidad) era amplo, escaseaban os animais para o traballo no campo e as sementes eran de baixa calidade . Todo esto ocasionaba unha baixa produción dando lugar ás crises de subsistencia: escaseza de alimentos que ocasionaban fame e queían seguidas normalmente de revoltas políticas e sociais. As terras estaban en mans da nobreza e o clero, gran parte das terras non se podían vender nin comprar (amortización ou vinculación). Os campesiños traballaban estas terras e pagaban os seus señores impostos importantes. As terras mais produtivas reservabanse para explotación directa do señor(reserva señorial)
-A industria seguía sendoartesanal e estaba organizada en gremios.
-O comercio interior realizabase en feiras e os produtos eran transportados por camiños, ríos, e canles e viase dificultado pola lentitude e inseguridad. O comercio exterior era por mar e estaba controlado por compañías privilexiadas.
CRISE DO ANTIGO REXIME
O longo do século XVIII foron producindose diversas transformacións sociais, económicas eideolóxicas que axudaron a decadencia do Antigo Réxime
Introduciuse o sistema Norfolk de rotación cuadrienal que permitiu aproveitar mellor as terras o eliminar o barbeito e substituilo polo cultivo de plantas forraxeiras. A difusión de novos cultivos(pataca, millo..). A selección do gando e das sementes. A mellora dalgúns apeiros e útiles de labranza. En Gran Bretaña tivo lugar a privatización e ocercado das terras (enclosures) polo que os propietarios buscaron unha maior rendibilidade introducindo novas técnicas.
Os comerciantes utilizaron un sistema coñecido como Domestic System (o comerciante lles entregaba a materia prima os campesiños e pagaballes por produto rematado ) de xeito que conseguía un importante beneficio ao tempo que o campesiño lograba un pequeno ingreso. A mediados...
Regístrate para leer el documento completo.