Antropolox A

Páginas: 6 (1373 palabras) Publicado: 15 de julio de 2015
1 - INTRODUCCIÓN:

Os psicanalistas, como Erich Fromm, intentan demostrar que ter e ser son dous modos fundamentais da experiencia, as forzas que determinan a diferencia entre os caracteres dos individuos e dos diversos tipos de caracteres sociais.
A sociedade na que vivimos dedícase a adquirir propiedades e a obter principalmente ganancias, coma se eso fora o máis importante.Raras vecesvemos unha proba da existencia do modo ser, xa que a maioría,como xa dixen antes, considera o modo de ter como o único modo aceptable de vida.
Na miña opinión, estas características da persoa humana veñen provocadas pola súa prematuridade que o condiciona á matriz sociocultural para poder seguir adiante coa súa vida ó saír da matriz biolóxica da nai.
Máis que á prematuridade en si veñen dadas polaplasticidade (característica derivada da prematuridade), que se define como a capacidade de aprendizaxes que ten o ser humano.
Se ademais sabemos que o ser humano está condicionado tamén polo medio podemos chegar á conclusión que o feito de que vivamos nunha sociedade consumista (na que o máis importante é o modo de ter, non de ser)é resultado de todo isto. Posto que nacemos sen formar de todo, anosa personalidade non está totalmente formada devido á nosa prematuridade, o mesmo tempo que vamos aprendendo e tomando novas características da sociedade ou medio na que vivimos gracias á nosa plasticidade.
Na miña opinión o que este autor quere co seu libro é facernos reflexionar sobre se realmente o mellor modo é o de ter e non o do ser, ensinándonos ambos modos en diferentes exemplosconcretos.
Segundo o autor, estes dous conceptos, ser e ter, están enraizados na experiencia humana. Ningún pode examinarse de maneira puramente abstracta; deben ser tratados de maneira concreta.
Por ese motivo vamos ver dous casos concretos, dentro do amplo conxunto de exemplos que expón Erich Fromm no seu libro,como son: “ter ou ser autoridade” e “ter coñecementos ou coñecer”.

2 - O EXERCICIO DAAUTORIDADE:

O autor defende a idea de que todos os humanos exerceron, exercen ou exercerán a autoridade nalgún momento ó longo da súa vida. Pon por exemplo ós que crían ós seus fillos, xa que deben exercer a autoridade para protexelos de perigos e darlles consellos para que saiban actuar en diferentes situacións...
Ademais dito,para explicar e que sexa posible a comprensión da autoridade segundo osdous modos hai que facer referencia ó amplo significado da verba “autoridade” que posúe dous significados moi diferentes:
Autoridade racional: é a capacidade e a axuda para desenvolverse que a persoa que a exerce lle proporciona á persoa que se apoia nesta.
Autoridade irracional: fundamentase na forza e explota á persoa suxeita a esta.
Ser autoridade non significa estar cualificado para realizarcertas función sociais, senón tamén ter un alto grao de desenvolvemento e integración da propia personalidade.
Por exemplo: as persoas que son autoridade non teñen necesidade de dar ordes, ameazar ou subornar, son individuos que mostran polo que son ( a súa conducta, o que fan e o que din) cómo poden ser os humanos.
Relacionado con este tema atopamos o problema da educación, que é o que máis nosinteresa a nós como futuros educadores, de cómo atopar un punto medio entre a educación autoritaria dalgúns pais fronte a demasiado liberal de outros.
A solución que o autor da neste caso sería que os pais lograsen un desenvolvemento maior e que se apoiaran nos seus propios centros. Ademais afirma que os nenos reaccionan con codicia ante a autoridade porque a necesita; ademais os nenos mostranrebeldía cara persoas que non cumpren as súas expectativas como persoas con autoridade xa sexa por defecto ou por exceso da mesma.
Na miña opinión os nenos si necesitan certo grao de autoridade, pero non uns pais que defendan o modo de “ter” , xa que unha educación na que o educador sexa autoritario e o centro do proceso, deixaría de ser educación pasando a ser case adoutrinamento.
Pero se ninguén...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • ESTUDO ANTROPOLÓXICO SOBRE OS INDÍXENAS DO BRASIL

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS