apuntes analisis politico 2

Páginas: 20 (4766 palabras) Publicado: 28 de abril de 2014
ECONOMÍA POLÍTICA I:

METODOLOXÍA E MERCADOS.












1ºGrao en Ciencias Políticas. Prof. Fuco Sanjiao.

TEMA 1. DELIMITACIÓN CONCEPTUAL DA ECONOMÍA POLÍTICA.

1.1.- Economía Política: concepto e enfoques alternativos.

Concepto de economía: a economía é a ciencia que trata de satisfacer as necesidades humanas (ilimitadas) cos recursos (limitados). É o estudode como as sociedades utilizan os recursos escasos para producir bens valiosos e distribuilos entre diferentes persoas.
A economía pode verse dende diversos enfoques:
A economía pode entenderse como ciencia da riqueza (riqueza vs. renda). Xa Adam Smith na súa obra 'La riqueza de las naciones' indica que o home, como ser económico, ten o impulso moral de lucro. A 'riqueza' é a abundancia de bensou rendas, o valor do patrimonio, recursos dos que dispoño. As 'rendas' son os ingresos ( fluxo de salarios, intereses, dividendos e demáis cousas de valor recibidos nun periodo de tempo), o que gaño.
A economía como ciencia da escaseza (bens económicos vs. bens libres). A sociedade atópase nunha situación de escaseza debido a que os bens son limitados en relación cos desexos. Por iso, ante osdesexos ilimitados, a economía busca administrar os recursos escasos. Mentres que os bens económicos son escasos, os bens libres non.
A economía é unha ciencia de intercambio (actividades económicas vs. actividades políticas), consiste en intercambiar os bens que valoras menos por outros que consideres máis valiosos, polo tanto o intercambio sempre é satisfactorio para ambas partes. É libre evoluntario. O valor de algo depende da calidade ou a disponibilidade do producto (exemplo: o marisco en comparación co peixe).
A economía é unha ciencia de comportamento humano (intereses vs. recursos). Todas as actividades humanas son actividades económicas posto que con elas satisfacemos as nosas necesidades. Os intereses son o que queremos ter, e os recursos o que temos para conseguir o quequeremos.

A economía como feito natural é a que busca satisfacer as necesidades humanas.
A economía política (actividades individuais vs. actos colectivos) é aquela economía que se amosa dentro dun contexto social, dunhas regras que determinan o seu funcionamento. Os actos pasan de ser individuais a ser colectivos cando dous ou máis persoas adoptan unha decisión única que se entende como overdadeiro grupo.
A producción e distribución da riqueza debe facerse de forma prudente. Esa prudencia debe ter en conta as normas morais e valores que cada sociedade estima como xustos, a ordenación está fundada nas reglas do Dereito, que impón certas normas restrictivas ás actividades económicas, en vista a non perxudicar a terceiros.

1.2.- Método na Ciencia Económica.

A metodoloxía faireferencia ao conxunto de procedementos racionais utilizados para alcanzar unha gama de obxectivos que rixen nunha investigación científica. A base da metodoloxía é a abstracción. Os modelos económicos polo tanto son producto da abstracción. Son modelos de 'laboratorio' que pasan posteriormente a ser contrastados coa realidade (por iso as veces os modelos non funcionan).
En relación co modeloanalítico atópanse conceptos como a macroeconomía e a microeconomía. A microeconomía é a parte da economía que estuda o comportamento económico de axentes económicos individuais, como son os consumidores, empresas, traballadores, inversores ou mercados. Considera as decisións que toma cada un para cumprir certos obxectivos propios. Os elemento básicos nos que se centra o análise microeconómico son osbens, os prezos, os mercados e os axentes económicos. Frecuentemente considérase a Adam Smith como o fundador da microeconomía.
A macroeconomía é a parte da teoría económica que se encarga do estudo xeral da economía, mediante a análise das variables económicas agregadas coma o monto total de bens e servicios producidos, o total de ingresos, nivel de emprego, de recursos productivos, a balanza...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • apuntes de analisis de fluidos 2
  • Apuntes Economia Politica Bolilla 2
  • Análisis Art. 2 Constitución Política Colombiana
  • Análisis de la política de aristóteles, capítulo 2 (la esclavitud)
  • apuntes política
  • Apuntes políticas
  • Apunte 2
  • Apuntes Analisis

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS