Apuntes de antropologia

Páginas: 28 (6945 palabras) Publicado: 7 de noviembre de 2011
1. Historia do problema da orixe do ser humano: As teorías da evolución.

Nos nosos días a teoría da evolución por selección natural é incuestionable: esta explica como a partir de certa enerxía inicial, a vida foi evolucionando lentamente e acadando formas de maior complexidade ata chegar ao ser humano actual.
Pero durante séculos foi a teoría fixista a que explicaba o problema: “Asespecies son invariables, son fixas a través do tempo”. O cristianismo deulle o enfoque relixioso a esta teoría, facéndoa coincidir co relato bíblico do Xéneses (creacionismo): “Foron creadas por Deus tal e como as coñecemos agora”.

Evolucionismo biolóxico é a teoría que explica como os diferentes seres vivos que hai na actualidade proceden duns antepasados comúns que foron cambiando ao longodo tempo.

1.1 Lamarck: Teoría da evolución por adaptación ao medio.

Con Lamarck temos a primeira formulación teórica do evolucionismo. A principios do século XIX publica Filosofía zoológica. Adaptación ao medio: a vida desenvólvese nun medio determinado no que se poden producir cambios. Os cambios orixinan unhas necesidades de adaptación ás novas circunstancias. Estas necesidadesdeterminaron o desenvolvemento/atrofia de certos órganos e a aparición de órganos novos. Polo tanto “a función crea o órgano”.
Na actualidade non se aceptan as teorías de Lamarck porque non explica como se herdan as modificacións “adquiridas”. Os científicos coinciden en que nun individuo pode haber un desenvolvemento espectacular nalgún dos seus órganos por mor do uso continuado dos mesmos, o queé facilmente comprobable; por exemplo, o desenvolvemento muscular que “adquiren” algúns atletas. Pero, o que non aceptan é que dito desenvolvemento sexa herdable, pois a filla do atleta non terá a súa musculatura se non fai o mesmo exercicio.

1.2. Darwin: Teoría da evolución por selección natural. A loita pola existencia.

“A potencia da poboación é indefinidamente superior á potenciada terra para producir sustento para a humanidade (...). A poboación sen controlar aumenta en progresión xeométrica, mentres que o alimento so crece en progresión aritmética.” (Malthus)
-Deste texto podemos tirar a idea da loita dos individuos polo alimento, entón, quen sobrevivirá?

“O máis sorprendente que se ofrecía aos meus ollos era verme rodeado de novas aves, novas plantas, novosréptiles, novos moluscos e novos insectos que diferían polos pequenos detalles de estructura, pola tonalidade da súa voz ou da plumaxe, no caso das aves, daqueles que vira nas chairas temperadas da Patagonia ou no cálido deserto do norte de Chile.
O feito máis sorprendente e importante para nós é a afinidade que existe entre as especies que viven nas illas e as da terra firme máis próxima sen quesexan realmente as mesmas.
Como de cada especie nacen moitos máis individuos dos que poden sobrevivir e, en consecuencia, existe unha loita constante pola existencia, dedúcese que calquera ser, se se modifica aínda que sexa lixeiramente dalgunha forma vantaxosa para si mesmo, terá máis probabilidades de sobrevivir e, desta maneira, é seleccionado naturalmente.
Esta conservación dediferencias e variacións individuais favorables e a destrucción das prexudiciais, chameina selección natural ou supervivencia do máis apto.”
Darwin: El origen de las especies. 1859
– ¿Sabes algo da viaxe que realiza Darwin a bordo do Beagle?
– Indaga quen foi Malthus ¿Onde atopas a influencia de Malthus neste texto?
– ¿En que consiste a evolución das especies según Darwin?
-¿Sabesquen foron e que fixeron Copérnico e Galileo? Podes comparalo con co que supuxo a teoría evolucionista?

A mediados do século XIX Darwin publica A orixe das especies por selección natural onde fai unha formulación rigorosa do evolucionismo. Wallace descobre a teoría simultaneamente. Ao contrario de Lamarck, Darwin “vai do vivente ao medio”; non é un proceso de adaptación, senón de selección...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Antropologia Apuntes
  • Apuntes De Antropologia
  • Apuntes Curso Antropología Cristiana
  • Apuntes Fundamentos Antropologia
  • Apuntes Antropología Del Consumo
  • apuntes para la historia de la antropologia forense
  • Antropologia Apuntes
  • Antropologia, apuntes.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS